Raí Nascimento
| Nome orixinal | Raí Nascimento de Oliveira | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacemento | 18 de maio de 1998 Río de Xaneiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,71 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Raí Nascimento de Oliveira, nado en Río de Xaneiro o 18 de maio de 1998, é un futbolista brasileiro que xoga de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Nacido no Río de Xaneiro, trasladouse a España aos 14 anos para fichar polo Real Zaragoza, por recomendación do exfutbolista do club Edmílson. Con todo, problemas de documentación impedíronlle ao club inscribilo, polo que xogou no equipo xuvenil do AD Stadium Casablanca e do Stadium Venecia.
En 2014, ante a imposibilidade de xogar na Terceira División ou en categorías xuvenís de carácter nacional, pasou a militar no AD Alfindén. O 21 de decembro de 2014, con só 16 anos, debutou na Primeira Rexional de Andalucía fronte ao El Gancho CF. O seu primeiro gol anotouno ao mes seguinte na vitoria por 2-0 contra o CD Perdiguera. Acabou a tempada con once goles en 15 partidos.
Zaragoza
[editar | editar a fonte]En agosto de 2016 uniuse ao Real Zaragoza,[1] pero non puido xogar ata xaneiro debido á falta de autorización internacional.[2] Asignado inicialmente aos equipos xuvenís,[3] debutou co filial zaragocista en Terceira División o 8 de xaneiro de 2017 anotando un dos goles do seu equipo na derrota por 2–4 contra o CD Belchite 97.[4]
Finalmente debutou co primeiro equipo do Zaragoza na Segunda División o 18 de marzo de 2017, substituíndo na segunda parte a Rolf Feltscher nunha derrota por 1-2 contra o Sevilla Atlético.[5] O adestrador que o fixo debutar foi Raül Agné, que foi destituído ao día seguinte.[6] O 27 de abril prorrogou o seu contrato ata 2021,[7] e foi definitivamente ascendido ao primeiro equipo o 6 de xuño.[8]
O 29 de xaneiro de 2019 foi cedido á UD Ibiza da Segunda División B ata o final da tempada.[9] O 11 de xullo renovouse o seu préstamo por un ano máis.[10] Disputou un total de 39 partidos co club insular, marcando cinco goles e xogando a promoción de ascenso a Segunda División na tempada 2019/20.
Despois de regresar da cesión o seu contrato foi renovado ata 2023.[11] Con todo, só disputou sete partidos máis co Zaragoza e o 25 de xaneiro de 2021 rescindiu o seu contrato co club.[12]
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]O 27 de xaneiro de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Segunda División B, asinando ata final de tempada.[13] Disputou 13 encontros, 10 deles como titular, nos que non logrou ningún gol. O seu contrato non foi renovado.
Bahia
[editar | editar a fonte]En setembro de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Bahia.[14] Debutou no Campionato Brasileiro o 10 de outubro, nun partido contra o Athletico Paranaense no Arena da Baixada, realizando unha destacada actuación e marcando o primeiro dos dous goles do seu equipo (0-2).[15] Disputou un total de 52 encontros co club baiano, nos que anotou 8 goles.
Ludogorets Razgrad
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2023 converteuse en novo xogador do Ludogorets Razgrad, equipo da Primeira División de Bulgaria.[16] No conxunto búlgaro contou con poucos minutos, disputando só 16 partidos ao longo de tres tempadas, nas que xogou tamén co equipo filial.
Guarani
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2025 fichou polo Guarani, da Serie C brasileira, co que xogou só cinco partidos durante o seguinte medio ano. En setembro, o club anunciou a rescisión do seu contrato.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giménez, Paco (6 de agosto de 2016). "Raí Nascimento, una apuesta brasileña en edad juvenil". Heraldo de Aragón (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Zaragoza inscribirá al brasileño Raí el 2 de enero". As.com (en castelán). 8 de novembro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ R. Bravo, Chema (3 de xaneiro de 2017). "El Zaragoza inscribe a Raí y Raúl Agné ya puede contar con él". Heraldo de Aragón (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "C.D. Belchite 97 4 – 2 Deportivo Aragón" (en castelán). 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ Laz, Alberto (19 de marzo de 2017). "El Sevilla Atlético hunde al Zaragoza en el descuento y con un jugador de portero". Marca (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Agné es destituido y César Láinez toma el mando". Marca (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Raí Nascimento renueva con el Real Zaragoza por cuatro temporadas" (en castelán). 27 April 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Cinco futbolistas que iniciaron la campaña en el Deportivo Aragón estarán en el primer equipo" (en castelán). 6 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Acuerdo para la cesión de Raí Nascimento al Ibiza" (en castelán). 29 de xaneiro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Acuerdo con el UD Ibiza para la cesión de Raí por una temporada más" (en castelán). 11 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Raí Nascimento renueva con el Real Zaragoza hasta 2023" (en castelán). 28 de setembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Real Zaragoza y Raí acuerdan el final de su relación contractual" (en castelán). 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Raí Nascimento, novo xogador do Dépor 20·21". 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Bahia anuncia contratação de atacante Raí Nascimento, ex-Deportivo La Coruña" (en portugués). 23 de setembro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021.
- ↑ "Bahia fue superior y venció por dos a Athletico Paranaense en el Arena da Baixada" (en castelán). 8 de outubro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021.
- ↑ "Лудогорец привлече бразилско крило" (en búlgaro). 7 de febreiro de 2023. Consultado o 10 de novembro de 2023.
- ↑ "Guarani anuncia saída de atacante" (en portugués). 1 de setembro de 2025. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Soccerway (en castelán).