Juan Carlos Menudo
Menudo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Carlos Menudo Domínguez | ||
Nacemento | 18 de xuño de 1991 | ||
Lugar de nacemento | Sevilla | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | UD Logroñés | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2010 | Sevilla | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | Sevilla C | 54 | (18) |
2012–2013 | Sevilla B | 38 | (5) |
2013–2014 | FC Cartagena | 37 | (7) |
2014–2015 | UD Logroñés | 36 | (11) |
2015–2016 | FC Cartagena | 38 | (7) |
2016–2018 | Ponferradina | 69 | (5) |
2018–2019 | Melilla | 32 | (9) |
2019–2020 | Cultural Leonesa | 22 | (5) |
2020–2021 | Numancia | 23 | (9) |
2021–2022 | Deportivo da Coruña | 11 | (1) |
2022– | UD Logroñés | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 1 de agosto de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Carlos Menudo Domínguez, nado en Sevilla o 18 de xuño de 1991, é un futbolista español, que xoga de centrocampista na UD Logroñés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Sevilla, sendo fillo de Juan Carlos Menudo Márquez, antigo futbolista e adestrador. A pesar de ser afeccionado do Betis,[1] formouse como futbolista nas categorías inferiores do máximo rival deste, o Sevilla, pasando 12 anos nos diferentes equipos da canteira e os dous filiais.[2] Xogou dúas tempadas co Sevilla C en Terceira e en xaneiro de 2012 debutou co Sevilla Atlético en Segunda B, disputando esa campaña 11 encontros, e marcando tres goles. Na tempada 2012/13 xogou 27 encontros e marcou dous tantos.[3]
En 2013 asinou polo FC Cartaxena para ocupar unha das prazas de xogador sub-23. Disputou 37 partidos de liga e cinco de Copa, caendo nesta última en 1/16 de final fronte ao FC Barcelona.[4] Xogou ademais os dous partidos de promoción de ascenso a Segunda, nos que o seu equipo caeu eliminado contra o Real Avilés. Fixo un total de 7 goles na tempada.
Na tempada 2014/15 xogou na UD Logroñés, disputando 36 partidos e marcando 11 goles, que contribuíron a que o seu equipo se metese na fase de ascenso. Nesta, Menudo marcou un novo gol, pero o equipo caeu contra o Huracán Valencia.[5] No verán de 2015 regresou ao FC Cartaxena, onde foi titular durante case toda a tempada, e marcou sete goles. Xogou as dúas seguintes campañas na Ponferradina,[6] coa que disputou 74 encontros, aínda que a súa cifra goleadora baixou a só cinco goles entre os dous anos.
Na tempada 2018/19 fichou polo Melilla,[7] onde anotou 14 goles, nove deles na liga, dous na Copa do Rei e tres na primeira eliminatoria da promoción de ascenso a Segunda contra o Villarreal B.[8] Con todo, o seu equipo non puido superar lograr o ascenso ao perder na seguinte rolda contra o Atlético Baleares.[9]
O 21 de xullo de 2019 chegou á Cultural Leonesa de José Manuel Aira,[10] onde marcou seis goles e disputou unha nova promoción de ascenso a Segunda, a cuarta para o xogador, de novo sen éxito.[11] O 4 de setembro de 2020 fichou polo Numancia por dúas tempadas.[12] Con todo, cumpriu só o primeiro ano co club, no que marcou 10 goles en 25 partidos, ocupando a primeira praza de máximos goleadores do Grupo 1 da Segunda B, empatando con outros cinco xogadores (Rufo, Juanma García, Martón, Asier Benito e Dioni).
O 5 de xuño de 2021 fíxose oficial a súa chegada ao Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[13] O seu debut oficial produciuse na primeira xornada da tempada, contra o Celta B en Riazor, entrando na segunda parte como substituto de William de Camargo, e marcando poucos minutos despois o terceiro dos cinco goles do seu equipo (5-0).[14] A pesar de chegar ao club galego como fichaxe destacada, apenas contou para o técnico Borja Jiménez, disputando só 238 minutos de liga. A falta dun mes para o remate da liga foi despedido do club, despois de que finxise estar afectado polo COVID-19 para se ausentar do equipo e asistir á final da Copa do Rei entre o Betis e o Valencia en Sevilla.[15][16]
En xullo a UD Logroñés anunciou o regreso do xogador, que asinou un contrato por unha tempada.[17]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ De la Cruz, Luis (6 de noviembre de 2021). "Menudo: “Me crié en un vestuario, la relación con mis amigos era mediante un balón”". As (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2022.
- ↑ "Menudo (Sevilla Atlético), nueva incorporación al Cartagena…marcó un gol en el Estadio" (en castelán). 30 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "El atacante sub-23 Juan Carlos Menudo (Sevilla At.), nuevo jugador albinegro" (en castelán). 30 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "El Barça supera el susto y sentencia ante el Cartagena" (en castelán). 6 de decembro de 2013. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ Pérez, Javier (2 de xaneiro de 2015). "Sospechosa lesión del árbitro en el Huracán-Logroñés". El País (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "La Deportiva incorpora al extremo Juan Carlos Menudo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2021. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "Menudo, fichaje de la UD Melilla" (en castelán). 15 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "El Villarreal B da la cara pero sucumbe en Melilla (2-1)" (en castelán). 1 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "El Atlético Baleares, a 180 minutos del ascenso a Segunda" (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ González, Dani (22 de outubro de 2020). "Menudo: «Había acuerdo para seguir en la Cultural, pero no pude esperar tanto»" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "José Manuel Aira, un ascenso en cuatro tentativas; Óscar Fernández, la primera víctima del jeque" (en castelán). 30 de xullo de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ Romera, Luis (4 de setembro de 2020). "Menudo se convierte en el quinto fichaje del Numancia". As (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "Menudo, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 5 de xuño de 2021. Consultado o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ Rodriguez Cudeiro, Juan Luis (30 de abril de 2022). "El Deportivo rescinde el contrato a un jugador que alegó covid para irse a ver la final de Copa". El País (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2022.
- ↑ "El Deportivo rescinde el contrato de Menudo por asistir sin permiso a la final de Copa del Betis" (en castelán). 30 de abril de 2022. Consultado o 6 de xuño de 2022.
- ↑ López, Rodrigo (22 de xullo de 2022). "Los ex deportivistas Derik y Menudo encuentran equipo en Primera Federación". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).