Carlos Doncel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Doncel
Información persoal
Nome Carlos Doncel Ordóñez
Nacemento 4 de decembro de 1996
Lugar de nacemento Cabrera de Mar
Altura 1,69 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual UD Logroñés
Carreira xuvenil
CF Damm
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2016 Lleida Esportiu B 19 (6)
2015–2017 Lleida Esportiu 43 (3)
2017–2019 Espanyol B 69 (15)
2019–2021 Valladolid Promesas 29 (6)
2020–2021Ponferradina (cedido) 36 (1)
2021–2022 Deportivo da Coruña 20 (1)
2022– UD Logroñés 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de xullo de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Carlos Doncel Ordóñez, nado en Cabrera de Mar o 4 de decembro de 1996 é un futbolista español que xoga de centrocampista na UD Logroñés, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido no concello catalán de Cabrera de Mar, formouse na canteira do CF Damm, de Barcelona, co que xogou na División de Honra Xuvenil. En xullo de 2015 fichou polo Lleida Esportiu, da Segunda División B, pasando a formar parte inicialmente do seu equipo filial da Primeira Catalá.[1] Xogou 46 partidos co primeiro equipo nas dúas tempadas que permaneceu no club, e anotou tres goles.

En agosto de 2017 fichou polo RCD Espanyol B, da Terceira División.[2] Na súa primeira tempada no filial espanyolista, logrou o ascenso á Segunda B e, con 9 goles, foi o segundo máximo goleador do equipo, por detrás de Javi Puado. Xa na Segunda B, contribuíu con 6 goles en 34 partidos, rematando o equipo no quinto posto da táboa, a un só punto da promoción de ascenso.

En xullo de 2019 fichou por outro filial, o Real Valladolid Promesas, da Terceira División, co que asinou un contrato por tres anos.[3] Co equipo castelán disputou 29 partidos, nos que anotou 6 goles, e disputou a fase de ascenso a Segunda División.

Na tempada 2020/21 saíu, cedido á SD Ponferradina, da Segunda División.[4] Debutou como profesional co equipo do Bierzo na primeira xornada de liga, nunha derrota por 1-2 contra o Castellón no Toralín, anotando o gol do seu equipo.[5] Foi o seu único gol co equipo adestrado por Bolo, co que xogou un total de 37 encontros, obtendo a oitava praza final.

En agosto de 2021, rescindiu o seu contrato co Valladolid e asinou un contrato de dous anos co Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[6][7] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 contra o Celta B en Riazor. Entrou nos minutos finais como substituto de Quiles, e no primeiro balón que tocou, anotou o cuarto dos cinco goles do seu equipo (5-0).[8] Disputou un total de 21 encontros ao longo da tempada, aínda que só 6 deles como titular, e marcou un segundo gol nun partido da Copa do Rei contra Osasuna. Ao remate da campaña o seu contrato co club coruñés foi rescindido e puxo rumbo á Rioxa, onde fichou como novo xogador da UD Logroñés.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Lleida Esportiu fitxa el jove extrem esquerre Carlos Doncel per dues temporades" (en catalán). 2 de xullo de 2015. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  2. "Doncel y Moha, nuevos jugadores del Espanyol B". Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona (en castelán). 21 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  3. "Carlos Doncel para el ataque del Promesas". Real Valladolid (en castelán). 2 de xullo de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  4. "Doncel, cedido a la Ponferradina" (en castelán). 22 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  5. Otero, Francisco Roberto (12 de setembro de 2020). "La victoria del debutante Castellón llega en la última jugada y de rebote". Marca (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  6. "Doncel no continuará en el Pucela". Real Valladolid (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  7. "Carlos Doncel, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 13 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  8. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  9. "Carlos Doncel ficha por la UD Logroñés" (en castelán). 16 de xullo de 2022. Consultado o 19 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]