Tito Ramallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tito Ramallo
Información persoal
Nome completo Rogelio Ramallo Peña
Nacemento 1 de xaneiro de 1970 (49 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,76 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
–1987 Victoria
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987–1993 Deportivo B
Adestrador
1999–2001 Deportivo da Coruña (xuvenís)
2001–2012 Deportivo B
2015–2016 Banants
2017–2018 Cerceda
2018 Deportivo Fabril
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Rogelio "Tito" Ramallo Peña, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1970,[1] é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Ramallo chegou ao Deportivo B en 1987 procedente do Victoria. No filial coruñés xogou cinco tempadas capitaneando o equipo que conseguiu o ascenso a Segunda División B en 1991. Retirouse en 1993 e estudou INEF.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

No ano 1993 regresa o R.C. Deportivo da Coruña e desenvolve distintas funcións dentro do corpo técnico do club ata a súa condición de primeiro adestrador. En 1999 debutou como adestrador dos xuvenís do Deportivo, e dous anos máis tarde fíxoo como adestrador do Deportivo B, co que foi tres veces campión de Terceira División e xogou nunha ocasión a fase de ascenso à Segunda División A. O 15 de maio de 2012 anunciouse que non seguiría como adestardor do filial branquiazul, logo de 11 campañas.[2] O seu substituto foi José Luis Devesa.

O 11 de xullo de 2017 anunciouse como adestrador do CCD Cerceda, acabado de ascender a Segunda División B.[3]

O 15 de xuño de 2018 o Deportivo da Coruña anunciou a súa contratación para o Deportivo Fabril, substituíndo a Gustavo Munúa e volvendo a un equipo que xa adestrara entre 2001 e 2012.[4] Anunciouse que contará con Manuel Pablo como segundo adestrador.[5] O 22 de outubro de 2018 foi cesado, logo dunha vitoria, un empate e sete derrotas.[6] Foi substituído polo castellonenco Sergio Pellicer.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Deportivo B

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en BDfutbol
  2. "Adiós a Tito Ramallo"
  3. "El Cerceda estrena categoría y entrenador: Tito Ramallo". Marca. 11 de xullo de 2017.  (en castelán)
  4. "Tito Ramallo, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2018. 
  5. "Tito Ramallo regresa al Fabril". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2018. 
  6. "Tito Ramallo deixa de ser adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 22 de outubro de 2018. 
  7. "Sergio Pellicer, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 23 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]