Sabin Merino
Sabin Merino | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Sabin Merino Zuloaga | ||
Nacemento | 4 de xaneiro de 1992 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Urduliz | ||
Nacionalidade | España | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Leganés | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2002 | Danok Bat | ||
2002–2005 | Athletic Club | ||
2005–2008 | Danok Bat | ||
2008–2009 | Javanon | ||
2009–2011 | Danok Bat | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2013 | Basconia | 70 | (27) |
2012–2015 | Bilbao Athletic | 81 | (21) |
2015–2019 | Athletic Club | 48 | (6) |
2018–2019 | → Leganés (cedido) | 12 | (0) |
2019–2020 | Leganés | 2 | (0) |
2020 | Deportivo da Coruña | 18 | (5) |
2020– | Leganés | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2016– | Euskadi | 2 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de marzo de 2020 Selección: actualizado a 31 de decembro de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Sabin Merino Zuloaga, nado en Urduliz (Biscaia) o 4 de xaneiro de 1992, é un futbolista español. Xoga de extremo e o seu equipo actual é o CD Leganés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Inicios[editar | editar a fonte]
Chegou á canteira do Athletic Club con só 10 anos, procedente do Danok Bat bilbaíno. Entrou no "Alevín B" e posteriormente ascendeu ao "Alevín A" e ao "Infantil B". Despois de tres tempadas, abandonou o Athletic e regresou ao Danok Bat, club co que xogou ata xuvenís.[1] Entre medias pasou un ano nos Estados Unidos cursando bacharelato na cidade máis poboada de Kentucky, Louisville, e xogando no Javanon Soccer. Con 19 anos, o Athletic volveuse fixar nel e recrutouno para o CD Basconia, co que xogou as tempadas 2011/12 e 2012/13 en Terceira División. Na campaña 2013/14 subiu ao Bilbao Athletic, co que xogou todos os partidos da tempada. Ao ano seguinte acadou o ascenso á Segunda División de España, sendo un dos piares principais do equipo, ao xogar 42 partidos e marcar 18 goles, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Gorka Santamaría.[2]
Athletic Club[editar | editar a fonte]
Como premio, Ernesto Valverde chamouno para facer a pretempada co primeiro equipo. Este convenceu a Valverde e pasou a formar parte do primeiro equipo, onde levou o número 25 na competición nacional e o 27 na UEFA Europa League. O 6 de agosto de 2015 debutou co Athletic Club, en Bakú, no partido de volta da terceira rolda previa da Europa League. O 14 de agosto foi titular na ida da Supercopa de España en San Mamés, contra o FC Barcelona (4-0). Xogou de extremo esquerdo e foi un martirio para Dani Alves, ao que desbordou para axudar a Aduriz no segundo gol do encontro.[3] No partido de volta no Camp Nou quedou no banco, proclamándose campión da Supercopa de España once días despois do seu debut.[4]
O 20 de agosto, no seu terceiro partido, marcou o seu primeiro gol, no partido de ida da última rolda previa da UEFA, xogado en Žilina, que rematou cunha derrota por 3-2.[5] O 23 de setembro logrou anotar o seu primeiro gol na Primeira División, contra o Real Madrid (1-2) na quinta xornada, que rematou coa xeira de 427 minutos sen encaixar un gol de Keylor Navas.[6] O 25 de febreiro marcou o gol que daba a clasificación ao Athletic para os oitavos de final da Europa League, fronte ao Olympique de Marseille, no minuto 80, cun remate de cabeza en prancha.[7] O 13 de marzo, nunha das poucas ocasións que puido xogar como dianteiro centro debido á transcendencia de Aduriz, marcou dous goles contra o Real Betis.[8] Debido a unha lesión muscular a principios de abril non puido participar no tramo decisivo da tempada.[9]
O 23 de outubro de 2016 marcou un novo gol ante o Real Madrid, neste caso, no Santiago Bernabéu (2-1).[10] Foi operado da pube a finais de xaneiro, pero o 26 de febreiro, no seu segundo partido despois do seu regreso, sufriu unha lesión na tibia da perna dereita que o tivo case dous meses de baixa.[11] A súa terceira tempada no club, xa con Ziganda como adestrador, estivo marcada pola súa pouca contribución ao equipo.[12]
CD Leganés[editar | editar a fonte]
O 31 de agosto de 2018 foi cedido ao Club Deportivo Leganés durante unha tempada.[13] Finalmente, tras unha cesión pouco produtiva, o Athletic Club anunciou que non renovaría o seu contrato. Esta decisión estendeu automaticamente a súa relación co club madrileño unha campaña máis.[14]
Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]
O 14 de xaneiro de 2020 anunciouse a súa cesión ao Deportivo da Coruña, cunha cláusula de compra obrigatoria sempre que o equipo non descendese.[15] Conseguiu anotar gol en cada un dos seus catro primeiros partidos no Deportivo, converténdose no primeiro xogador do club en logralo,[16] ata que unha lesión cortou a súa xeira.[17] Co descenso do Deportivo á Segunda División B ao final da tempada a compra non se fixo efectiva e o futbolista volveu a Leganés.[18]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sabin Merino Zuloaga". www.danokbat.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "El Bilbao Athletic, una orquesta variopinta de aprendices". El País (en castelán). 28 de xuño de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sabin Merino, la estrella inesperada". Marca (en castelán). 14 de agosto de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sabin Merino y Lekue, de ascender a la Liga Adelante a ganar la Supercopa de España" (en castelán). 18 de agosto de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sabin Merino: "Siempre se recuerda ese primer gol"" (en castelán). 21 de agosto de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "La racha de imbatibilidad de Keylor duró 427 minutos". Marca (en castelán). 24 de setembro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "1-1. Un bonito gol de Sabin Merino doblega a un gran Marsella" (en castelán). 25 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Este nueve dice la verdad" (en castelán). 14 de marzo de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Alerta roja por lesiones" (en castelán). 16 de abril de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sabin Merino, el especialista en marcar goles al Real Madrid" (en castelán). 25 de outubro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "La mala suerte se ceba con Sabin Merino" (en castelán). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sabin Merino rechaza ofertas para ir cedido" (en castelán). 7 de agosto de 2018. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "El extremo Sabin Merino, cedido al C.D. Leganés para la presente temporada" (en castelán). 31 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "El Athletic libera a Merino, que seguirá en el Leganés hasta 2020" (en castelán). 8 de maio de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sabin Merino, novo xogador do Deportivo 2019-2020". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Sabin Merino bate un récord en la historia del Dépor" (en castelán). 2 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "La racha de Sabin Merino se corta en Alcorcón". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "El Leganés confirma el regreso de Sabin Merino" (en castelán). 17 de agosto de 2020. Consultado o 28 agosto de 2020.