Saltar ao contido

Iván Guerrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIván Guerrero
Nome orixinalIván Guerrero Seoane
Biografía
Nacemento31 de marzo de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral dereito

Iván Guerrero Seoane, nado en Ferrol o 31 de marzo de 2001, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Bergantiños, da Segunda División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol sala na canteira do Parrulo do seu Ferrol natal e máis tarde cambiou ao fútbol herba, pasando polas categorías inferiores da SD O Val e do Racing de Ferrol.[1] Aos 14 anos chegou ao Deportivo da Coruña, no que militou durante as seguintes sete campañas, comezando no equipo cadete. Na tempada 2020/21 subiu ao Fabril e debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante o Numancia no Nuevo Los Pajaritos, onde o adestrador Rubén de la Barrera lle deu entrada na segunda metade, como substituto de Jorge Valín.[2]

No verán de 2022 deixou o Deportivo e asinou como novo xogador do Ourense CF, da Segunda División RFEF. Militou no club ourensán durante unha tempada e media, ata que en xaneiro de 2024 fichou polo Bergantiños, da Terceira RFEF.[3]

  1. "Iván Guerrero: «El Fabril tiene que estar en Segunda RFEF»". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2024. 
  2. "Iván Guerrero se despide del Deportivo con una reflexión sobre su última etapa" (en castelán). 5 de xullo de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2024. 
  3. "El Bergantiños refuerza su defensa con Ivi Guerrero". DxT Campeón (en castelán). 11 de xaneiro de 2024. Consultado o 22 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]