Adrián López Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adrián López
Información persoal
Nome completo Adrián López Rodríguez
Nacemento 25 de febreiro de 1987 (32 anos)
  As Pontes de García Rodríguez
Nacionalidade España
Altura 1,84 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual FC Fredericia
Carreira xuvenil
As Pontes
2001–2006 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Deportivo B 12 (0)
2007–2010 Deportivo da Coruña 26 (1)
2010–2013 Wigan Athletic 11 (0)
2013–2015 Montreal Impact 1 (0)
2015-2016 AGF Aarhus 8 (0)
2017- FC Fredericia 16 (0)
Selección nacional
2007 Galicia 2 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 02 agosto 2017
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

goals6

Adrián López Rodríguez, tamén coñecido como Piscu, naceu nas Pontes de García Rodríguez o 25 de febreiro de 1987, é un futbolista galego. Xoga de defensa central e o seu actual equipo é o FC Fredericia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deportivo[editar | editar a fonte]

Adrián López Rodríguez é coñecido no mundo do fútbol como Piscu, malia que a el non lle guste ese nome, para distinguilo do dianteiro asturiano Adrián López Álvarez, co que coincidiu no Deportivo da Coruña. Orixinario da vila coruñesa das Pontes de García Rodríguez, xogou no equipo local até a categoría infantil (12-13 anos), unha vez pasou desta categoría entrou no Deportivo da Coruña, na categoría cadete, e proseguiu a súa carreta futbolística nos xuvenís do Deportivo. Tras esta etapa na que destacou como central pasou ao filial do Deportivo da Coruña, o Deportivo B ou Fabril, como se lle coñece tradicionalmente, no que xogou dúas tempadas.

No seu primeiro ano no Fabril (06-07) conseguiu o ascenso de Terceira División a Segunda B. No seu segundo ano no Deportivo B alcanzou o primeiro equipo, tras levar ao filial á primeira posición do seu grupo en Segunda B e ser o equipo menos goleado da categoría.

O seu debut en Primeira División produciuse na sexta xornada da Liga, correspondente ao 30 de setembro de 2007. Este partido xogouno no estadio Olímpico de Montjuic fronte ao Espanyol.

Participou por primeira vez na Copa do Rei (oitavos de final), esta vez contra o RCD Mallorca no ONO Estadi o 10 de xaneiro de 2007.

Subiu ao primeiro equipo debido ás lesións de Albert Lopo e Pablo Amo. O posto vacante no centro da zaga ocupouno nun primeiro momento o máis experimentado Aythami Artiles, quen callou actuación desafortunada. Por iso Miguel Ángel Lotina decidiu darlle a Adrián a oportunidade, quen non a desaproveitou para converterse nun fixo na defensa branquiazul.[1] O seu adestrador destacaba del a serenidade coa que se desenvolvía na defensa. Nesta tempada destacou o partido que xogou contra o Sevilla F.C.. Marcou con éxito a un dianteiro de sona mundial, Kanouté, logrando deixar a súa porta a 0, ademais da vitoria a domicilio para o seu equipo.[2] Desde o seu debut en Primeira xogou a totalidade dos minutos nun total de 15 partidos de liga, máis un de Copa do Rei. Destacou ademais que xogou como titular durante 13 xornadas seguidas, da 6 até a 18, correspondente ao 13 de xaneiro, cando causou baixa por gripe. Estas grandes estatísticas para un debutante en Primeira División permitíronlle ser seleccionado no once de ouro dos xogadores novos nacionais realizado por Fútbol Draft.[3]

Na súa segunda tempada no Deportivo tamén tivo un grande ano. Miguel Ángel Lotina preferiu contar no equipo co xogador pontés, antes que co citado Athami Artiles, que tivo que marchar cedido ao Xerez CD. Nesta tempada anotou o seu primeiro gol como profesional. Foi na xornada 24 contra o Valencia.[4] Nesa tempada a súa contribución co equipo estancouse, xogando 8 partidos de liga, 3 de Copa do Rei e 8 na Copa da Uefa, contando os 2 de fase previa que o Deportivo xogou contra o Hadjuk Split croata.

Na tempada 2009/10 disputou só 3 partidos de liga e 6 de copa. Perdeu o tramo final de liga por unha fractura de clavícula sufrida contra o Valencia C.F.[5] no mes de abril. Parecía que a súa carreira esmorecía. Tras finalizar a campaña a entidade coruñesa exerceu con Piscu unha opción unilateral de renovación en virtude dun convenio entre a LFP e a AFE.[6] O xogador, asesorado polo seu representante Eugenio Botas, non estaba de acordo coa renovación unilateral e non se presentou á pretemporada en Abegondo, para a que estaba citado, mentres o club aseguraba descoñecer o seu paradoiro. Uns días despois de que transcendese que o futbolista estaba adestrando co Wigan Athletic da Premier League inglesa, o Deportivo inscribiuno na lista de 25 xogadores para a tempada 2010/11.[7] A disputa entre o futbolista e o equipo debeu ser resolta pola FIFA. Durante ese período seguiu adestrando co equipo inglés.

Wigan Athletic[editar | editar a fonte]

Unha vez resolta esta desagradable situación, Adrián quedou libre para asinar contrato co equipo que desexase. O 31 de decembro de 2010 o Wigan Athletic confirmou a súa fichaxe oficial ata o final da tempada 2010-2011.[8] Nesa tempada disputou un só partido na Premier League e 3 partidos na FA-Cup. Ademais, Piscu disputou 3 partidos co equipo reserva.

O adestrador do equipo, Roberto Martínez, estaba contento co traballo do defensor galego, polo que Adrián acabou renovando o seu contrato por outros dous anos máis. Non tivo demasiado protagonismo na súa segunda tempada no equipo de Wigan, xogando o escaso número de 5 partidos de Premier League, así coma un na FA Cup e outro na League Cup. Así mesmo disputou outros 5 partidos co equipo de reservas.

A súa derradeira tempada tampouco foi mellor, xogando os mesmos partidos en Premier League e FA-Cup e un máis na League Cup. Porén, non disputou ningún encontro co equipo reserva. A tempada foi mala para os Latics pese a gañar a FA-Cup,[9] xa que descenderon á League Championship. Tralo descenso, Adrián deixou o equipo inglés. Durante a súa estancia no Wigan Athletic Piscu adaptouse a xogar no lateral dereito cando o equipo o precisou, aínda que é unha posición onde non se sente tan cómodo.

Montreal Impact[editar | editar a fonte]

Unha vez rematou o seu contrato co Wigan Adrián decidiu probar sorte na MLS, asinando co equipo canadense do Montreal Impact,[10] no que coincidiu con xogadores de sona mundial como Alessandro Nesta ou Marco Di Vaio. Asinou contrato o 26 de xullo do 2013, pero só puido disputar un partido da Liga de Campións da CONCACAF, xa que sufriu unha grave lesión do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito cando só levaba un mes no seu novo equipo. A mala sorte cebouse co xogador pontés cando, xa recuperado da lesión de xeonllo, recaeu da mesma antes dun partido do equipo reserva do Montreal. O seu adestrador, Frank Klopas, sinalou o infortunio do xogador, que estaba traballando moi ben co equipo reserva e co que contaba para o primeiro equipo.[11]

AGF Aarhus[editar | editar a fonte]

Tras dúas tempadas nas que apenas puido xogar, Adríán deixou o equipo canadense ao rematar o seu contrato. Asinou contrato co AGF Aarhus da primeira superliga danesa por seis meses, xa que tras tanto tempo sen xogar o equipo non quixo arriscar cun contrato longo.[12] Porén o equipo danés renovoulle o contrato polo que quedaba de tempada, satisfeito co rendemento do xogador, malia non gañarse a titularidade. Acabada a tempada desvinculouse do equipo danés.

FC Fredericia[editar | editar a fonte]

Despois da súa primeira tempada en Dinamarca, o defensa galego recaeu das molestias no xeonllo que o acompañaron toda a súa vida profesional. Adrián adicou a seguinte tempada a recuperarse consultando a distintos re-adaptadores físicos, como os do Barcelona, o Milán ou o dos deportistas olímpicos canadenses. Finalmente tratouse con Camilo Rivas, que colabora con diversos equipos de Ferrolterra con bos resultados[13]. A súa recuperación permitiulle asinar co FC Fredericia da Primeira División Danesa, a segunda categoría do fútbol no país nórdico. Malia que lle custou un pouco gañarse un posto no 11 do equipo danés, tendo unha participación intermitente no comezo da competición ligueira, mediada a tempada o central galego gañouse a titularidade e só as sancións e lesións o apartaron do campo. Deste xeito xogou un total de 16 partidos de liga, a maioría deles concentrados no tramo final da competición, aos que habería que sumarlle os 5 partidos que xogou na copa danesa. Precisamente foi nesta competición onde tivo a oportunidade de marcar cadanseu gol nas dúas primeiras roldas da competición nos partidos que xogaron e gañaron contra o Esbjerg fB e o RKG Klarup.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi convocado coa Selección de fútbol de España sub-21, aínda que non chegou a debutar. Tamén foi convocado pola Selección de fútbol de Galicia para dous partidos, os que disputou contra as seleccións de Camerún e Irán.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo
Wigan Athletic

Montreal Impact

  • Canadian Championship: 2014[14]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]