Rubén González Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rubén
Información persoal
Nome Rubén González Rocha
Nacemento 29 de xaneiro de 1982 (39 anos)
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1,87 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Coruxo
Número 3
Carreira xuvenil
Conxo
Compostela
Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2006 Real Madrid B 87 (3)
2002–2006 Real Madrid 4 (0)
2004Mönchengladbach (cedido) 3 (0)
2004–2005Albacete (cedido) 22 (0)
2006–2007 Racing de Santander 34 (2)
2007–2009 Celta de Vigo 70 (1)
2009–2011 Mallorca 31 (3)
2011–2013 Osasuna 27 (0)
2013–2014 F. K. Baku
2014–2016 Zaragoza 31 (1)
2016 Delhi Dynamos F. C.
2017 Coruxo 13 (0)
Selección nacional
1999 España sub-16 6 (0)
1999 España sub-17 3 (0)
2000–2001 España sub-18 10 (0)
2002–2003 España sub-21 8 (0)
2005–2008 Galicia 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de maio de 2013.
editar datos en Wikidata ]

Rubén González Rocha, nado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1982, é un ex futbolista galego, que xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa infancia enrolouse nun histórico club santiagués, o Club Deportivo Conxo, e de aí pasou ás categorías inferiores do primeiro equipo da cidade, a SD Compostela, aínda que non por moito tempo, pois en 1998 os observadores do Real Madrid fixáronse nel e incorporárono ao club madrileño. Isto causou o enfado do presidente do Compostela, José María Caneda, que como represalia expulsou ao irmán de Rubén, Chechu, que xogaba no equipo xuvenil do club compostelán.[1][2]

Debutou en Primeira División no 2001 co Real Madrid, pero apenas xogou 4 partidos nos 3 anos que estivo. Na metade da tempada 2003/04 foi cedido ao equipo alemán do Borussia Mönchengladbach, pero unha lesión de ombreiro pouco despois de chegar impediulle xogar o resto da tempada.[3]

Na tempada seguinte foi cedido ao Albacete Balompié, onde foi titular durante a primeira parte da campaña co técnico José González, ata que perdeu a titularidade tras un cambio de adestrador.[4] En agosto de 2008 foi traspasado ao Racing de Santander, onde xogou unha tempada ata recalar no verán de 2007 no Celta de Vigo. Tras dous anos co equipo celeste en segunda división, nos que xogou 70 partidos de liga, fichou en 2009 por dúas tempadas polo RCD Mallorca.

Logo pasou dous anos polo Osasuna e na tempada 2013/14 xogou no FK Baku, na capital de Acerbaixán, ata que en agosto de 2014 volveu a España, pasando a xogar no Real Zaragoza.[5] En setembro de 2016 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Delhi Dynamos FC, da Superliga da India, adestrado polo italiano Gianluca Zambrotta.[6] En xaneiro de 2017, despois do final do campionato indio, regresou a Galicia, para xogar no Coruxo, en Segunda División B, e retirándose do fútbol ao final da tempada.[7]

Selección galega[editar | editar a fonte]

En 2005 foi un dos futbolistas da recuperada selección galega que xogou contra o Uruguai en San Lázaro, repetindo convocatoria nos tres seguintes partidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Compostela B repescará varios jugadores juveniles". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 10 de outubro de 1998. p. 58. 
  2. "El Compos sub 19 se rebela contra el «caso Chechu»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 1998. p. 58. 
  3. "Rubén deja el Monchengladbach y será operado en sus hombros". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2004. p. 43. 
  4. "Entrevista. Rubén González Rocha". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 2005. p. 44. 
  5. "Rubén González" (en castelán). 21 de agosto de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2020. 
  6. "Rubén González ficha por el Delhi Dynamos de Zambrotta y Malouda". Marca (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2020. 
  7. "El Coruxo ficha al excéltico Rubén González". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]