Vassilis Lampropoulos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vassilis Lambropoulos
Información persoal
Nome Vassilios–Konstantinos Lambropoulos
Nacemento 31 de marzo de 1990 (34 anos)
Lugar de nacemento Pyrgos
Altura 1,85 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual OFI
Número 24
Carreira xuvenil
2004–2006 A.E. Chalandriou
2006–2007 Olympiacos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2009 Olympiacos 0 (0)
2008–2009Apollon Calamaria (cedido) 22 (1)
2009–2011 Asteras Tripoli 10 (0)
2011Ilioupoli (cedido) 14 (2)
2011–2012 Ethnikos Asteras 17 (1)
2012–2014 Panionios 40 (3)
2014–2019 AEK Atenas 95 (4)
2019–2020 Deportivo da Coruña 17 (0)
2020–2023 Bochum 37 (0)
2023– OFI 11 (1)
Selección nacional
2006–2007 Grecia sub-17 3 (0)
2007–2009 Grecia sub-19 12 (0)
2010–2011 Grecia sub-21 1 (0)
2018–2020 Grecia 5 (0)
Na rede
UEFA: 106842 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 27 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Vassilios–Konstantinos Lambropoulos, nado en Pirgos (Élide) o 31 de marzo de 1990, é un futbolista grego, que xoga de defensa no OFI da Superliga de Grecia. Foi cinco veces internacional coa selección grega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do AE Chalandriou e do Olympiacos, debutando co primeiro equipo deste na tempada 2007/08, no encontro de volta das semifinais da Copa de Grecia ante o Thrasyvoulos.[1] Na seguinte campaña xogou cedido no Apollon Kalamarias, da Segunda División.

Desvencellado do Olympiacos en 2009, durante os seguintes anos pasou polas filas do Asteras Tripolis, o Ilioupoli, o Ethnikos Asteras, e o Panionios. En 2014 deu un salto na súa carreira, ao fichar polo AEK Atenas. Aínda que o club da capital descendera dúas categorías un ano antes, na primeira campaña con Lampropoulos no equipo, este regresou á Superliga, tras proclamarse campión do grupo sur da segunda división.

Na tempada 2015/16 conquistou a Copa de Grecia, contribuíndo con nove partidos durante a competición, aínda que quedou no banco na final ante o Olympiacos.[2] En abril de 2017 sufriu unha grave lesión nun partido da Superliga ante o Platanias, rompendo o ligamento cruzado anterior do xeonllo, o que o obrigou a pasar polo quirófano. O mesmo día da cirurxía, o club estendeu o seu contrato por dous anos máis.[3]

Reapareceu nos terreos de xogo iniciada a tempada seguinte e fíxose cun oco na titularidade. A campaña concluíu co AEK levantando o título de liga tras 14 anos de seca. Lampropoulos militou no AEK ata 2019, completando cinco anos no club, nos que disputou 135 encontros oficiais e nos que anotou 5 goles.

O 27 de xuño de 2019 firmou por dúas campañas polo Deportivo da Coruña, da Segunda División de España, converténdose no primeiro futbolista grego en xogar no club galego.[4] Debutou na primeira xornada ante o Oviedo, xogando como titular, e saíu de inicio en case todos os partidos da primeira volta, pero quedou fóra dos esquemas de Fernando Vázquez, novo adestrador dende decembro, polo que en xaneiro de 2020 saíu ata final de tempada ao VfL Bochum da 2. Bundesliga.[5][6]

Foi titular nas 10 últimas xornadas do campionato e en agosto foi traspasado definitivamente ao club alemán.[7] Na seguinte campaña procalmouse co Bochum campión da segunda categoría do fútbol alemán, conseguindo así o ascenso á Bundesliga. Militou no club de Renania do Norte-Westfalia ata o verán de 2023, contabilizando un total de 51 partidos.

En 2023 regresou ao fútbol grego, fichando polo OFI, da Superliga.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

En 2018 foi convocado por primeira vez pola selección grega, despois de ser anos antes internacional coas categorías inferiores. A súa estrea coa absoluta produciuse o 18 de maio nun partido amigable ante Arabia Saudita na Cartuja de Sevilla, sendo seleccionador Michael Skibbe.[8] Disputou un total de cinco encontros coa selección helena, o último deles en 2020 contra Chipre.

Palmarés[editar | editar a fonte]

AEK
VfL Bochum

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Olympiacos Piraeus 3-1 Thrasyvoulos Fylis". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  2. "Κυπελλούχος 2016 η ΑΕΚ" (en grego). 17 de maio de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  3. "Συμφωνία της ΑΕΚ με Λαμπρόπουλο-Μπακάκη για νέο συμβόλαιο!" (en grego). 8 de abril de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  4. "Lampropoulos, primeira fichaxe do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 27 de xuño de 2019. 
  5. "Lampropoulos, a punto de irse cedido al Bochum". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  6. "Lampropoulos, cedido ao VfL Bochum 1848 até final de temporada". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  7. "Oficial: El Deportivo traspasa a Lampropoulos al Bochum" (en castelán). 14 de agosto de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  8. "Arabia Saudita 2-0 Grecia". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]