Adrián Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adri Castro
Información persoal
Nome Adrián Castro Mesa
Nacemento 12 de outubro de 1998 (23 anos)
Lugar de nacemento Cambre, Galicia
Altura 1,82 m
Posición Dianteiro centro
Información de club
Club actual Palencia Cristo Atlético
Carreira xuvenil
Ural CF
2008–2017 Deportivo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2019Laracha CF (cedido) 61 (14)
2018–2019 Deportivo Fabril 6 (0)
2019–2020Ourense CF (cedido) 27 (11)
2020– Deportivo Fabril 17 (9)
2021–2022 Deportivo 7 (1)
2021–2022CD Arenteiro (cedido) 15 (2)
2022 Formentera 14 (2)
2022– Palencia Cristo Atlético 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 28 de xuño de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Adrián Castro Mesa, nado en Cambre o 12 de outubro de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro centro e o seu equipo actual é o Palencia Cristo Atlético, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no Ural CF e nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña dende alevíns.[1] Entre 2017 e 2019 xogou cedido no Laracha CF, equipo vinculado ao club coruñés. Na tempada 2018-19 tamén xogou 7 partidos co filial, o Deportivo Fabril.

En agosto de 2019 chegou cedido ao Ourense CF.[2] No equipo ourensán anotou 11 goles nos 27 partidos da fase regular disputados antes da suspensión da competición pola pandemia de coronavirus. Tamén marcou un gol na final da promoción de ascenso a Segunda B perdida contra a SD Compostela.[1]

En xullo de 2020 volveu ao Deportivo Fabril.[1] O canteirán alternou convocatorias co filial e co primeiro equipo e o 10 de xaneiro de 2021 produciuse o seu debut co Deportivo da Coruña en Segunda B, na derrota contra o Zamora CF (1-0) no Estadio Ruta de la Plata. En marzo o club renovou o seu contrato ata xuño de 2023.[3] Disputou un total de sete partidos co primeiro equipo e marcou un tanto na goleada por 5-0 sobre o Langreo en Riazor.[4]

En xullo de 2021 marchou cedido por unha temporada ao CD Arenteiro, da Segunda División RFEF.[5] Disputou 17 encontros co club do Carballiño, incluído o histórico partido de Copa do Rei contra o Valencia en Espiñedo.[6]

En xaneiro de 2022 desvinculouse do Arenteiro e do Deportivo da Coruña, e fichou polo Formentera, equipo da Segunda RFEF adestrado polo tamén galego Míchel Alonso,[7] co que disputou 14 partidos, marcando 2 goles. En xuño deixou o club balear e fichou polo Palencia Cristo Atlético, da mesma categoría.[8]

Selección galega[editar | editar a fonte]

En marzo de 2020 proclamouse coa selección galega campión da fase estatal da Copa das Rexións da UEFA en Las Rozas, vencendo na final a Andalucía e sendo o máximo anotador do equipo galego.[9]

Equipos[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo Categoría PX[10] G[10] TA TV
2017-2018 Galicia Laracha CF 39 6 3 0
2018-2019 Galicia Laracha CF 24 8 4 0
Galicia Deportivo Fabril 2ªB 7 0 0 0
2019-2020 Galicia Ourense CF 27 11 6 1
2020-2021 Galicia Deportivo Fabril 17 9 6 0
2020-2021 Galicia Deportivo da Coruña 2ªB 7 1 1 0
2021-2022 Galicia CD Arenteiro 2ª RFEF 17 2 4 0

PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Adri Castro regresa ao Fabril a próxima temporada". RC Deportivo. 27 de xullo de 2020. Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  2. "Adri Castro llega al Ourense CF". Ourense CF. 20 de agosto de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  3. "Adri Castro renueva su contrato con el Deportivo" (en castelán). 8 de marzo de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  4. "El Deportivo golea al Langreo y asegura la permanencia". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de maio de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  5. "Adri Castro jugará cedido en el Arenteiro esta temporada". RC Deportivo. 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  6. Rodríguez, Luis M. (17 de decembro de 2021). "El Arenteiro llevó al Valencia a una prórroga que premió al más grande: 1-3". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  7. "Adri Castro llega “muy ilusionado” a Formentera". DxT Campeón (en castelán). 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  8. "El canterano del Depor Adri Castro cambia el Formentera por Palencia". DxT Campeón (en castelán). 28 de xuño de 2022. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  9. "Adri Castro: «O de Ourense é un derbi incrible»". La Voz de Galicia. 21 de marzo de 2020. Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  10. 10,0 10,1 "Adri Castro". lapreferente.com. Consultado o 15 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]