Claudio Beauvue
Claudio Beauvue | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Claudio Beauvue | ||
Nacido | 16 de abril de 1988 (32 anos) | ||
Lugar | Saint-Claude | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 12 | ||
Carreira xuvenil | |||
USJA Carquefou | |||
2005–2006 | Nantes | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2012 | Troyes | 99 | (17) |
2011–2012 | → Châteauroux (cedido) | 37 | (10) |
2012–2013 | Châteauroux | 22 | (6) |
2013 | → Bastia (cedido) | 15 | (1) |
2013–2015 | Guingamp | 74 | (22) |
2015–2016 | Lyon | 19 | (5) |
2016–2020 | Celta de Vigo | 23 | (2) |
2017–2018 | → Leganés (cedido) | 28 | (2) |
2018–2019 | → Caen (cedido) | 25 | (3) |
2020– | Deportivo da Coruña | 11 | (2) |
Selección nacional | |||
2009– | Guadalupe | 5 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: Actualizado a 17 de xuño de 2019. Selección: Actualizado a 9 de xuño de 2016.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Claudio Beauvue, nado en Saint-Claude o 16 de abril de 1988, é un futbolista guadalupeño con pasaporte francés. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu actual equipo é o Deportivo da Coruña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores do USJA Carquefou e o FC Nantes finalmente firmou o seu primeiro contrato profesional co Troyes AC no verán de 2008. Tralo descenso do equipo foi cedido con opción de compra ao LB Châteauroux, que trala súa boa actuación a primeira tempada se fai cos seus dereitos federativos.
En xaneiro de 2013 foi cedido ao SC Bastia, da primeira división francesa, a Ligue 1, porén o equipo non exerce a opción de compra e finalmente é traspasado ao EA Guingamp tamén da máxima categoría de Francia. Con este equipo declarouse gañador da Copa de Francia, afianzándose no equipo titular ao ano seguinte e anotando goles importantes tanto no campionato francés coma na Europa League.
En xuño de 2015 fichou polo Olympique de Lión e meses despois polo Celta de Vigo.
O 18 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña,[1] despois de rescindir o seu contrato co Celta.[2] Asinou por ano e medio, sempre que o equipo se mantivese en Segunda División, pero a pesar do descenso do club ese ano a Segunda División B, o 5 de setembro de 2020 Beauvue renovou o seu contrato co Deportivo ata 2022.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Claudio Beauvue, novo xogador do Deportivo 2019-2020". Real Club Deportivo. 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "O dianteiro Claudio Beauvue desvincúlase do RC Celta". Real Club Celta. 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Claudio Beauvue amplía a súa vinculación co Dépor até 2022". 5 de setembro de 2020. Consultado o 5 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Guadalupe, Francia
- Nados en 1988
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas de Guadalupe
- Xogadores do Troyes AC
- Xogadores do Châteauroux
- Xogadores do SC Bastia
- Xogadores do EA Guingamp
- Xogadores do Olympique de Lión
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do SM Caen
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da selección de fútbol de Guadalupe