Claudio Morel Rodríguez
Claudio Morel | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Claudio Marcelo Morel Rodríguez | ||
Nacemento | 2 de febreiro de 1978 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Asunción | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | 12 de Octubre | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–1998 | San Lorenzo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1998–2004 | San Lorenzo | 135 | (2) |
2004–2010 | Boca Juniors | 149 | (1) |
2010–2012 | Deportivo da Coruña | 33 | (0) |
2012–2014 | Independiente | 53 | (1) |
2014 | Sol de América | 11 | (0) |
2015– | 12 de Octubre | ||
Selección nacional | |||
1999– | Paraguai | 35 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de novembro de 2014. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Claudio Marcelo Morel Rodríguez, nado en Asunción o 2 de febreiro de 1978, é un futbolista paraguaio. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o 12 de Octubre FC.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É fillo do ex futbolista Eugenio Morel, afamado xogador da selección de fútbol de Paraguai dos anos '70 e '80. Desde o ano 2004 e até 2010 foi xogador de Boca Juniors, equipo co que gañou dúas Copas Suramericanas, tres Recopas Suramericanas, tres campionatos arxentinos e unha Copa Libertadores de América, nalgúns deles como suplente cando aínda non levaba un tempo considerable no club.
Trátase dun xogador zurdo que pode xogar tanto na posición de segundo zagueiro central, como de lateral pola esquerda, de centrocampista central ou carrileiro pola esquerda. Anteriormente estivo no San Lorenzo, equipo co que gañou unha Copa Mercosur, unha Copa Suramericana e un Torneo Clausura.
O 21 de agosto de 2010 firmou por dúas tempadas co Deportivo da Coruña.[1]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Boca Juniors
- Primeira División: Apertura 2005, Clausura 2006, Apertura 2008
- Copa Suramericana: 2004, 2005
- Recopa Suramericana: 2005, 2006, 2008
- Copa Libertadores: 2007
- Deportivo