Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo
Información persoal
Nome Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte
Nacemento 30 de abril de 1989
Lugar de nacemento Cartaxena
Altura 1,88 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual UCAM Murcia
Carreira xuvenil
Ciudad Jardín
Dolorense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Bala Azul 32 (5)
2009–2011 Cartagena B 66 (26)
2011–2012 La Unión 32 (11)
2012–2013 Getafe B 30 (9)
2013–2014 La Roda 19 (15)
2014–2016 Córdoba 21 (2)
2014–2015 Alcorcón 2 (0)
2015 Llagostera 17 (1)
2016 Dundee 3 (0)
2016–2017 Cartagena 17 (0)
2017–2018 UCAM Murcia 23 (3)
2018–2019 Sabadell 46 (10)
2019–2020 Atlético Baleares 22 (3)
2020–2023 SS de los Reyes 81 (17)
2023 Deportivo da Coruña 8 (0)
2023– UCAM Murcia 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte, nado en Cartaxena o 30 de abril de 1989, é un futbolista español que xoga como dianteiro no UCAM Murcia.

É sobriño do escritor e xornalista Arturo Pérez-Reverte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista en varios clubs de base da súa Cartaxena natal, como o Ciudad Jardín ou o CD Dolorense, antes de debutar na Terceira División co Club Deportivo Bala Azul.[1][2] A súa boa tempada co equipo de Mazarrón fixo que Paco Sánchez, director do fútbol base do FC Cartagena, o levase para o club, para xogar no seu filial, o FC Cartagena-La Unión. Na tempada 2010/11 comezou a adestrar co primeiro equipo dirixido por JIM e entrou nalgunha convocatoria, pero non chegou a debutar.[2]

No verán de 2011 fichou polo Caravaca, de Segunda B, no momento no que o club se trasladou a La Unión. Con 11 goles, foi o máximo anotador do equipo, pero non evitar o descenso á Terceira División. A continuación pasou polo Getafe B, co que marcou nove goles antes de recalar no La Roda. No equipo albaceteño converteuse nun dos xogadores revelación da Segunda B,[3] colocándose como o máximo goleador da categoría na primeira volta, con 15 goles en 19 partidos.[4] Os seus grandes números valéronlle para fichar no mercado invernal polo Córdoba, da Segunda División.[5]

Debutou na categoría de prata nun partido ante o Recreativo de Huelva no Nuevo Arcángel, no que entrou na segunda parte como substituto de Xisco, marcando poucos minutos despois o definitivo 2-0.[6] Contribuíu cun total de 15 partidos e dous goles ao ascenso do equipo do Chapi Ferrer á Primeira División. Na seguinte campaña, a chegada de xogadores como Cartabia ou Ghilas deixárono sen sitio no equipo, polo que saíu cedido ao Alcorcón de Bordalás, onde apenas contou con minutos.[7] En xaneiro cambiou de equipo, xogando cedido na UE Llagostera ata o final da tempada. Na 2015/16, co Córdoba de novo en Segunda, non entrou nos plans de Oltra, co que disputou só tres encontros, polo que en xaneiro volveu saír cedido, desta vez ao Dundee escocés.[7]

En xullo de 2016 regresou ao FC Cartaxena, co que finalmente debutou nun partido ante o Linares Deportivo.[8][9] Con oito dianas, foi o máximo goleador do equipo dirixido por Monteagudo, e disputou a fase de ascenso a Segunda. Ao remate da campaña chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato e fichou polo UCAM Murcia, da mesma categoría.[10] Disputou 24 partidos co equipo murciano, co que marcou tres goles, pero en xaneiro de 2018 uniuse ao Sabadell, co que continuou tamén durante a tempada 2018/19. Na 2019/20 militou no Atlético Baleares, co que se proclamou campión do Grupo I da Segunda B, aínda que non logrou o ascenso.[11]

Na tempada 2020/21 fichou polo San Sebastián de los Reyes, club no que xogou durante dous anos e medio, o primeiro deles na Segunda División B e os seguintes na Primeira RFEF, acumulando un total de 81 partidos e 17 goles.

O 31 de xaneiro de 2023 deixou o club madrileño para fichar polo Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[12] Apenas tivo presenza no equipo galego, disputando só 164 minutos repartidos en 8 partidos.[13] Ao remate da tempada anunciouse o seu regreso ao UCAM Murcia.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antelo, Iván (1 de febreiro de 2023). "Así es el nuevo fichaje del Deportivo: Arturo, un futbolista de novela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "El canterano Arturo, 'pichichi' en la pretemporada, está en la convocatoria" (en castelán). 4 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  3. Rodríguez, Ángel (27 de setembro de 2013). "El Alatriste de La Mancha". Marca (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  4. "El Levante interesado en Arturo" (en castelán). 3 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2013. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  5. "El Córdoba ficha a Pérez Reverte y Teixeira se va cedido al Castilla" (en castelán). 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  6. "El Córdoba doblega a un Recreativo que acusó la expulsión de Ruymán". Marca (en castelán). 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 De la Virgen, Martín (21 de xaneiro de 2016). "Arturo se marcha cedido al Dundee FC escocés" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2023. 
  8. "El FC Cartagena ficha al delantero Arturo" (en castelán). 7 de xullo de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  9. "El Cartagena vence y convence (2-0)". Sport (en castelán). 20 de agosto de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  10. "Arturo deja el FC Cartagena y llegará al UCAM" (en castelán). 25 de xullo de 2017. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  11. Pellicer, Victoria (11 de xullo de 2019). "Arturo Rodríguez nuevo jugador del Atlético Baleares" (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  12. "Arturo, novo xogador do Dépor 22-23". 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  13. Zautúa, Israel (2 de xullo de 2023). "Análisis de la plantilla: 14. Narro no contaba para Cano; Arturo jugó 164 minutos". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  14. "El delantero Arturo Rodríguez regresa al UCAM CF desde La Coruña" (en castelán). 8 de agosto de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.