Iago Falque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Iago Falque
Iago Falque.jpg
Información persoal
Nome completoIago Falque Silva
Nacemento4 de abril de 1990 (28 anos)
LugarVigo, Galicia
Altura1,73 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualRayo Vallecano
Número14
Carreira xuvenil
2000–2001Real Madrid
2001–2008Barcelona
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2008Barcelona B1(1)
2008–2012Juventus0(0)
2009Bari (cedido)0(0)
2010–2011Villarreal B (cedido)36(11)
2011–2012Tottenham (cedido)0(0)
2012–Tottenham Hotspur1(0)
2012Southampton (cedido)1(0)
2013Almería (cedido)18(2)
2013–2014Rayo Vallecano (cedido)28(3)
2014–2015Genoa FC32(13)
2015-AS Roma22(2)
2016-2017Torino35(12)
Selección nacional
2007España sub-1712(3)
2008–2009España sub-1911(4)
2009España sub-201(0)
2011España sub-211(0)
2008–Galicia1(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 9 de xullo de 2017.
† Aparicións (Goles)

Iago Falque Silva, nado en Vigo o 4 de abril de 1990, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista. É un xogador zurdo, que ten ocupado as posicións de medio e sobre todo media punta ou medio ofensivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de participar con once anos nun encontro de rapaces que querían ser futbolistas, en Maspalomas, comezou a adestrar co FC Barcelona, onde se foi formando como xogador nas categorías inferiores. Foi seleccionado por España para participar en campionatos internacionais de treitos de idade, e no 2007 acadou a medalla de prata no mundial sub-17 e o ouro no europeo sub-17.

Logo de sete anos en Barcelona, en agosto de 2008 fichou pola Juventus turinesa[1] por un período de catro anos. O 5 de decembro de 2008 foi convocado por primeira vez polo adestrador para disputar un partido na primeira división italiana, contra o Lecce, pero non chegou a xogar[2].

O 29 de xullo o Villareal CF e a Juventus chegaron a un acordo pola cesión por unha tempada do futbolista ao filial do equipo castellonenco.

Logo de estar un ano no Tottenham Hotspur cedido pola Juventus[3], o equipo inglés decidiu fichar o xogador e cedelo ao Southampton F.C., que estaba como vixente líder da segunda liga inglesa. O 23 de agosto foi cedido ao Rayo Vallecano[4] dende a UD Almería.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

É fillo da deputada do PSdeG Carmela Silva e do presidente do Coruxo F. C. Gustavo Falque.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mercato Juventus: gelo Tiago, colpo Iago", Virgilio Sport, 30 de agosto de 2008 (en italiano).
  2. "El gallego Iago Falque se asoma en el Juventus", El Correo Gallego, 7/12/2008
  3. Fichaje por el Tottenham Hotspur, artigo en Marca, 16 de xaneiro de 2012 (en castelán).
  4. Cesión al Rayo Vallecano, artigo en Marca, 22 de agosto de 2013 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]