Roberto Trashorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto Trashorras
Roberto Trashorras.jpg
Trashorras xogando para o Celta.
Información persoal
Nome completo Roberto Trashorras Gayoso
Nacemento 28 de febreiro de 1981 (37 anos)
Lugar Rábade, Galicia
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1989–1995 Racing Villalbés
1995–1999 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2003 Barcelona B 107 (29)
2001 Barcelona 1 (0)
2003–2005 Real Madrid B 65 (10)
2005–2006 Numancia 12 (1)
2006–2008 Las Palmas 62 (11)
2008–2011 Celta de Vigo 107 (17)
2011–2018 Rayo Vallecano 211 (9)
Selección nacional
1997 España sub-16 2 (1)
1998–1999 España sub-17 9 (6)
1999–2000 España sub-18 8 (4)
2001 España sub-19 4 (0)
2001 España sub-20 1 (0)
2005-2008 Galicia 4 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Roberto Trashorras Gayoso, nado en Rábade o 28 de febreiro do 1981, é un ex-futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou no 1999 nas categorías inferiores do FC Barcelona onde militou até o 2003 cando marcha ao filial do eterno rival, o Real Madrid Castilla. Dous anos máis tarde fichou polo CD Numancia até o final da tempada 2005–06. Durante o verán do 2006 tivo ofertas de equipos estranxeiros, mais a súa negativa fixo que, en outubro dese mesmo ano, recalase na UD Las Palmas.

En 2008 foi contratado polo Celta de Vigo, sendo a súa primeira tempada no club celeste moi irregular en canto a xogo e eficacia goleadora. Na tempada 2009–10 converteuse no cerebro e líder do Celta e anotou nove goles, o último deles ante o UD Las Palmas de penalti, todo un fito na súa carreira.

O 11 de agosto de 2011 anunciouse a súa fichaxe polo Rayo Vallecano.[1]

O 29 de agosto de 2018, anunciou a súa retirada como futbolista con 37 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]