Saltar ao contido

Rayco Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRayco Rodríguez
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Gimnàstic de Tarragona Editar o valor em Wikidata

Rayco Rodríguez Medina, nado nas Palmas de Gran Canaria o 24 de novembro de 1996, é un futbolista español que xoga de extremo no Alcorcón, da Primeira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios (1996-2015)

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na UD Almenara, pasando logo ás categorías inferiores da UD Las Palmas. Tras cinco anos na canteira amarela pasou ao Acodetti CF, onde permaneceu outras cinco tempadas.

Betis B (2015-2016)

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2015 foi fichado polo Real Betis para o seu filial da Segunda División B.[1] Debutou na 2ª B o 22 de agosto de 2015 fronte ao Mérida AD na Cidade Deportiva Luis del Sol.[2] O seu primeiro gol chegou o 4 de outubro, nunha derrota por 2-4 contra o Real Xaén tamén na casa.[3] Disputou un total de 23 partidos e anotou dous goles pero o equipo acabou descendendo.

Pobla de Mafumet (2016-2018)

[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 2016 foi transferido ao CF Pobla de Mafumet, filial do Nàstic, que militaba en Terceira División. Xogou dúas tempadas no club catalán e ademais o 1 de decembro de 2016 debutou co primeiro equipo do Nàstic na Copa do Rei, entrando como substituto de Elvir Maloku na derrota por 0-3 contra o Deportivo Alavés.[4]

CD Lugo (2018-2020)

[editar | editar a fonte]

O 11 de xullo de 2018 asinou un contrato de dous anos co CD Lugo, para xogar no seu filial, o Polvorín.[5] Na súa segunda tempada en Lugo anotou 17 goles en 27 partidos, converténdose no segundo máximo anotador do Grupo I da Terceira División, só por detrás do lalinense Iker Hurtado, do CSD Arzúa.[6]

Fabril (2020-2021)

[editar | editar a fonte]

O 31 de agosto de 2020 uniuse ao filial do Deportivo da Coruña, o Fabril, tamén en Terceira.[7] Disputou 11 partidos co filial branquiazul, marcando catro goles e repartindo tres asistencias.

Deportivo da Coruña (2021)

[editar | editar a fonte]

O 1 de febreiro de 2021, último día do mercado invernal, o Deportivo da Coruña anunciou a tramitación das fichas de Rayco e Diego Villares co primeiro equipo, como reforzos invernais no peor momento deportivo da historia do club, na Segunda División B e fóra dos postos de ascenso.[8][9] Debutou co Deportivo o 7 de febreiro no Campo do Vao fronte ao Coruxo, con derrota por 2-0.[10] Disputou un total de 11 encontros ata o final da tempada, 5 deles como titular.

Unionistas de Salamanca (2021-2022)

[editar | editar a fonte]

O 1 de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Unionistas de Salamanca, despois de que rematase o seu contrato co Deportivo.[11] Co equipo salmantino disputou un total de 38 partidos, anotando 7 goles, contribuíndo ao sétimo posto en liga.

Amorebieta (2022-2024)

[editar | editar a fonte]

Para a campaña 2022/23 asinou co Amorebieta, da mesma categoría. Xogou 38 partidos na súa primeira campaña en Biscaia, proclamándose campión absoluto da Primeira Federación e logrando o ascenso directo á Segunda División.[12] Debutou na categoría de prata na primeira xornada da 2023/24, saíndo de titular ante o Levante,[13] e marcou o seu primeiro gol en Segunda na seguinte xornada, contra o Albacete no Carlos Belmonte.[14] Disputou 13 partidos co equipo vasco en Segunda e dous máis na Copa do Rei, sen poder evitar o descenso á Primeira Federación.[15]

Alcorcón (2024-act.)

[editar | editar a fonte]

Tralo descenso do Amorebieta e coa fin do seu contrato, deixou o País Vasco e fichou polo Alcorcón, da Primeira Federación.[16]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Amorebieta
  1. "Rayco Rodríguez Medina ficha por el Betis B" (en castelán). 6 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  2. "El Betis B empieza con mal pie (0-1)" (en castelán). 22 de agosto de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  3. "Betis B 2-4 Real Jáen: El calvario continúa" (en castelán). 4 de outubro de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  4. "Toquero invita a otra ronda" (en castelán). 1 de decembro de 2016. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  5. "Gustavo Quezada y Rayco Rodríguez se suman al proyecto del CD Lugo" (en castelán). 11 de xullo de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  6. "Táboa de goleadores Grupo I 3ª 2019/20". lapreferente.com (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  7. "Rayco reforza o ataque do Fabril". 31 de agosto de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  8. "Rayco incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  9. "Rayco sube al primer equipo y será jugador del Deportivo" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  10. "Nova derrota branquiazul (2-0)". 7 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  11. "El exdeportivista Rayco, nuevo jugador de Unionistas" (en castelán). 1 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2021. 
  12. "El Amorebieta es campeón absoluto de la Primera Federación". Marca (en castelán). 10 de xuño de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  13. "El Amorebieta, muy serio en su debut" (en castelán). 12 de agosto de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  14. "El Amorebieta no aprovecha su ventaja y empata contra el Albacete (2-2)" (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  15. "El Amorebieta cae ante el Mirandés (1-0) y desciende a 1ª RFEF" (en castelán). 2 de xuño de 2024. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  16. "Rayco Rodríguez firma por la A.D. Alcorcón" (en castelán). 16 de xullo de 2024. Consultado o 16 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]