Rodolfo Bodipo
Rodolfo Bodipo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rodolfo Bodipo Díaz | ||
Nacemento | 25 de outubro de 1977 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Dos Hermanas e Sevilla | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Dos Hermanas | |||
Sevilla | |||
CD Montequinto | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–1996 | Ángulo CF | ||
1996–1997 | UA Ceutí | ||
1997–1998 | Albacete B | 9 | (2) |
1997–1998 | → Hellín (cedido) | ? | (6) |
1998 | Isla Cristina | 9 | (2) |
1998–2001 | Recreativo | 96 | (21) |
2001–2004 | Racing de Santander | 81 | (27) |
2004–2006 | Alavés | 74 | (23) |
2006–2013 | Deportivo da Coruña | 90 | (12) |
2010 | → Vaslui (cedido) | 3 | (0) |
2010–2011 | → Elche (cedido) | 24 | (2) |
2013 | Xerez | 10 | (2) |
Selección nacional | |||
2003–2013 | Guinea Ecuatorial | 6 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Rodolfo Bodipo Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 25 de outubro de 1977, é un exfutbolista hispano-ecuatoguineano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección ecuatoguineana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogou no Club Deportivo Isla Cristina ata que en decembro de 1998 e grazas aos problemas económicos do seu club, fichou polo Recreativo de Huelva. Debutou co seu novo club o 20 de decembro de 1998 nun partido contra o Atlético de Madrid B. Na tempada 1999-2000 foi o máximo goleador do club Decano de España, o Recreativo de Huelva con 6 goles.
En 2001 fichou polo Racing de Santander. Esa tempada consegue o ascenso á Primeira División con este equipo. Debutou en Primeira o 31 de agosto de 2002 con resultado de Racing 0 - 1 Valladolid. Na súa última tempada co Racing xogou 20 partidos como titular e marcou 7 goles.
En 2004 fichou polo Deportivo Alavés conseguindo o ascenso a Primeira División esa mesma tempada, disputou 38 partidos como titular e marcou 16 goles.
En 2006 fichou polo Deportivo da Coruña pero por mor dunha lesión non puido xogar a tempada completa. Desde entón xoga no club galego, co que xogou na Copa da UEFA, na que marcou un gol.
O 8 de xullo de 2010 o Deportivo pechou a cesión do xogador ao FC Vaslui romanés por unha tempada,[1] anunciándose o 29 de agosto unha nova cesión, esta vez ao Elche CF, tamén por unha campaña.[2]
O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo.[3]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Bodipo foi internacional coa Guinea Ecuatorial en cinco ocasións, nas que marcou tres goles. Isto foi ante Liberia en setembro de 2006 no Estadio Internacional de Malabo e ante a selección nixeriana no mesmo estadio nun partido amigable. El é o capitán da súa selección e trátase dun dos xogadores referencia de dito combinado, xunto con Javier Balboa.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1977
- Nados en Dos Hermanas
- Futbolistas de Guinea Ecuatorial
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do FC Vaslui
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do Xerez CD
- Xogadores da selección de fútbol de Guinea Ecuatorial
- Españois de ascendencia ecuatoguineana
- Ecuatoguineanos de ascendencia española