Saltar ao contido

Emre Çolak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmre Çolak

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1991 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Eminönü, Turquía Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade17 de xaneiro de 2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaTurquía Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo52 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2004–2009 Galatasaray Spor Kulübü
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2006 Turkey national under-15 football team 2(0)
2010–2016 Galatasaray Spor Kulübü 132(10)
2012– Turquía B
2016–2018   Deportivo da Coruña (5)
2018–2019 Al Wehda FC 15(1)
2019–2020   Deportivo da Coruña 16(2)
2020–2021 Fatih Karagümrük SK 9(0)
2021–2021 Hatayspor Kulübü 9(0)
2021–2022 İstanbul Büyükşehir Belediyespor 7(0)
2022–2023 Göztepe 9(0)
2023–2023 CF Intercity 9(0)
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2008   Turquía sub-16 21(3)
2007–2009   Turquía sub-17 30(5)
2008–2009 Turkey national under-18 football team 11(3)
2009–2010   Turkey national under-19 football team 10(4)
2010–2010   Turquía sub-20 2(0)
2010–2012   Turquía sub-21 15(2)
2012–   Turquía

Twitter: emrecolak1010 FIFA: 362835 UEFA: 1901682 Editar o valor en Wikidata

Emre Çolak, nado en Istambul o 20 de maio de 1991, é un exfutbolista turco, que xogaba como centrocampista ofensivo e extremo. Formado na canteira do Galatasaray, xogou seis anos no primeiro equipo, co que gañou nove títulos, entre eles tres campionatos da Süper Lig. Nos seguintes anos militou en varios clubs máis, entre eles o Deportivo da Coruña, no que xogou en dúas etapas diferentes, militando tanto na Primeira División como na Segunda.

Foi catro veces internacional coa selección turca, despois de disputar preto dun cento de partidos coas categorías inferiores.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio de Eminönü, da cidade de Estambul, no seo dunha familia de inmigrantes procedentes de Mesudiye, na provincia de Ordu.[1] Durante a súa infancia trasladouse coa familia ao barrio de Atışalanı, no distrito de Esenler, onde ingresou na canteira do Atışalanıspor con 11 anos.[1] Xogando neste club chamou a atención do Beşiktaş, co que adestrou un par de meses. Con todo, a longa distancia dende a súa casa ata as instalacións deportivas fixeron que acabase regresando ao Atışalanıspor.[1]

Galatasaray

[editar | editar a fonte]

Despois de xogar un partido contra un equipo do Galatasaray, fixouse nel o adestrador rival, Recep Yazıcı, que o acabou levando ao club vermello e amarelo.[1] Foi pasando polas diferentes categorías inferiores do club, xogando habitualmente como dianteiro, ata que foi recolocado na posición de extremo.[1]

O 17 de xaneiro de 2010 debutou co primeiro equipo na Copa de Turquía, nun partido contra o Denizli Belediyespor no estadio Ali Sami Yen. O adestrador Frank Rijkaard deulle entrada no segundo tempo como substituto do internacional Caner Erkin e Çolak marcou dous goles (o primeiro de penalti e o segundo de libre directo), completando así a goleada por 5-1 do seu equipo.[1] Seis días despois xogou o seu primeiro encontro na Süper Lig, substituíndo ao seu ídolo Arda Turan nos instantes finais do partido contra o Gaziantepspor.[2] Pechou a tempada cun total de 11 partidos, cifra que superou na seguinte campaña, con Gheorghe Hagi como técnico, disputando 17 encontros.

Coa chegada ao banco en 2011 do histórico adestrador Fatih Terim, perdeu protagonismo no equipo. Chegou a pensar en pedirlle ao club unha cesión a outro equipo en busca de máis minutos, ata que un derbi contra o Fenerbahçe no que xogou como titular marcou un punto de inflexión na súa carreira.[1] A partir dese partido asentouse na titularidade como extremo esquerdo, contribuíndo a que o seu club gañase o título de liga despois de tres tempadas en branco. Na seguinte campaña revalidou o título de liga, ao que sumou a Supercopa, e debutou na Liga de Campións ante o Manchester United.[1]

Nas seguintes campañas sumou un novo campionato de liga e tres da Copa de Turquía, ademais de dúas novas Supercopas, elevando ata nove os seus títulos co Galatasaray. Deixou o club en 2016, despois de 180 partidos oficiais nos que marcou 19 goles e repartiu outras tantas asistencias.

Deportivo da Coruña (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O 27 de maio de 2016 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, tras asinar un contrato por tres tempadas.[3] Converteuse así no primeiro futbolista turco nos 110 anos de historia do club.[3] Debutou co equipo na Primeira División na segunda xornada da tempada 2016/17, nun partido contra o Betis no Benito Villamarín. Saíu como titular, formando no centro do campo xunto a Guilherme, Mosquera, Fayçal Fajr e Bruno Gama, nun encontro que rematou sen goles.

Ao longo da tempada contou coa confianza do adestrador Gaizka Garitano, así como do seu substituto no banco, Pepe Mel. Disputou un total de 36 partidos, 31 deles como titular e repartiu 10 asistencias, formando unha destacada dupla xunto ao romanés Florin Andone.[4] Tamén provocou un episodio de indisciplina nun adestramento, motivo polo que o adestrador Garitano o castigou sen convocalo para o derbi galego contra o Celta de Vigo.[4]

Na tempada 2017/18 tivo un papel secundario e non dispuxo de demasiadas oportunidades ata a chegada do terceiro técnico da campaña, o neerlandés Clarence Seedorf. Durante a parte final da competición callou boas actuacións, pero non puido evitar o descenso do equipo á Segunda División.[4] O 1 de xuño de 2018, tras dúas tempadas no equipo coruñés, anunciouse a súa marcha ó Al-Wehda Club de Arabia Saudita.[5] O seu irregular primeiro paso polo Deportivo pechouse cun total de 73 partidos e 5 goles.

Debutou na liga saudita o 30 de agosto de 2018, nun partido ante o Al-Hazem SC en Buraidah.[6] Foi titular nos oito primeiros encontros de liga, marcando un gol ante o Al-Ittihad na Cidade Deportiva do Rei Abdalá, pero foi perdendo peso nas seguintes xornadas, ata desaparecer das convocatorias do adestrador Fábio Carille a partir de febreiro de 2019. Xogou o seu último partido no país o 24 de agosto de 2019, fronte ao Al-Ettifaq FC.[7]

Deportivo da Coruña (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

Tras rescindir o contrato co club saudita estivo varios meses sen equipo, ata que o 31 de decembro de 2019 se oficializou o seu regreso ao Deportivo da Coruña para o resto da tempada 2019/20.[8] Reapareceu coa camiseta do Deportivo o na 23ª xornada ante o Racing de Santander en Riazor. Saltou ao terreo de xogo no minuto 31 como substituto de Javi Montero, cando o marcador sinalaba un 0-1 a favor dos cántabros, e no segundo tempo marcou o 2-1 definitivo co que o Deportivo selaba a remontada. Celebrou o gol cos seareiros na bancada, recibindo o seu segundo cartón amarelo, polo que foi expulsado por Ávalos Barrera.[9]

Contou coa confianza do adestrador Fernando Vázquez, e tras cumprir a sanción xogou como titular nas nove xornadas seguintes. Na 36ª xornada saíu dende o banco contra a Ponferradina e na última xogada do partido marcou o gol da vitoria, culminando unha nova remontada (2-1).[10] Con este gol o Deportivo colocábase tres puntos por riba dos postos de descenso, pero tres derrotas nas catro últimas xornadas condenaron ao club ao descenso á Segunda División B catro décadas despois.[11]

Fatih Karagümrük

[editar | editar a fonte]

Tras rematar o seu contrato co Deportivo continuou adestrando pola súa conta na Coruña durante uns meses,[12] ata que en decembro de 2020 asinou como novo xogador do Fatih Karagümrük, regresando así ao fútbol turco catro anos despois.[13] Disputou nove encontros co equipo na Süper Lig, ata que en marzo foi suspendido polo seu propio club por ter realizado unhas declaracións nas que afirmaba que na loita polo campionato de liga o seu corazón estaba co Galatasaray.[14] Dúas semanas despois o seu contrato foi rescindido.[15]

Hatayspor

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2021/22 fichou polo Hatayspor, co que xogou oito partidos de liga e un da Copa de Turquía. Con todo, en decembro o club e o xogador rescindiron o seu contrato de mutuo acordo.[16]

İstanbul Başakşehir

[editar | editar a fonte]

Uns días despois de deixar o club de Antioquía, asinou polo İstanbul Başakşehir.[17] Apenas contou con protagonismo no equipo dirixido por Emre Belözoğlu, xogando só 128 minutos repartidos en sete encontros.

O 1 de agosto de 2022 converteuse en novo xogador do Göztepe.[18] Tampouco tivo regularidade no equipo de Ekrem Dağ, co que disputou nove encontros. Foi titular só en dous partidos, recibindo un cartón vermello nun deles, tras unha lea co capitán do Tuzlaspor, Rajko Rotman.[19]

Intercity

[editar | editar a fonte]
Emre Çolak xogando co Galatasaray en 2013.

En xaneiro de 2023 volveu a España para fichar polo Intercity, da Primeira Federación.[20] Debutou nun partido ante o Bilbao Athletic e uns días despois anunciou a súa retirada do fútbol, conmocionado polos terremotos de Turquía e Siria que deixaron milleiros de mortos no seu país.[21] Con todo, acabou por volver vestir a camiseta do club en oito partidos máis, antes da súa retirada definitiva tras deixar o Intercity en maio.[22][23]

Selección turca

[editar | editar a fonte]

Despois de xogar preto dun cento de partidos en todas as categorías inferiores da selección turca, en 2012 debutou coa absoluta, nun partido ante Romanía no estadio Şükrü Saracoğlu de Istambul. Foi nun encontro de clasificación para a Copa do Mundo de 2014, no que o seleccionador Abdullah Avcı lle deu entrada na segunda metade como substituto de Sercan Sararer.[24] Despois de tres anos sen ser convocado, regresou en 2015 e disputou tres encontros internacionais máis, contra Grecia, Moldova e Macedonia, todos eles amigables.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Galatasaray
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Emre Çolak: "Genç yıldız çok, fırsat veren az"" (en turco). 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de abril de 2025. 
  2. "Galatasaray 1-0 Gaziantepspor". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2025. 
  3. 3,0 3,1 "Emré Çolak, novo xogador do Deportivo 2016-2017". Deportivo da Coruña. 27 de maio de 2016. Consultado o 27 de abril de 2025. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Emre Çolak, dos años de magia intermitente" (en castelán). 1 de xuño de 2018. Consultado o 27 de abril de 2025. 
  5. "Emre Çolak deixará de ser xogador do Deportivo após a conclusión desta temporada". Deportivo da Coruña. 1 de xuño de 2018. Consultado o 27 de abril de 2025. 
  6. "Al-Hazem SC - Al-Wehda FC". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2025. 
  7. "Al-Wehda FC - Al-Ettifaq FC". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2025. 
  8. "Emre Çolak, novo xogador do Deportivo 2019-2020". Deportivo da Coruña. 31 de decembro de 2019. Consultado o 28 de abril de 2025. 
  9. "Emre Colak, redebut, expulsión y sanción con el Deportivo" (en castelán). 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de abril de 2025. 
  10. Losada, Víctor (27 de xuño de 2020). "La divertida celebración de Çolak en la remontada del Deportivo" (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2025. 
  11. "El Dépor desciende al infierno de Segunda B tras 40 años" (en castelán). 20 de xullo de 2020. Consultado o 28 de abril de 2025. 
  12. "El turco Emre Çolak, muy cerca del Efesé" (en castelán). 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  13. "Karagümrük'ten bir hamle daha: Emre Çolak" (en turco). 16 de decembro de 2020. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  14. "Fatih Karagümrük'te Emre Çolak kadro dışı bırakıldı" (en turco). 31 de marzo de 2021. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  15. "Emre Çolak'ın sözleşmesi feshedildi" (en turco). 16 de abril de 2020. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  16. "Hatayspor’da Emre Çolak ile yollar ayrıldı Kaynak: Hatayspor’da Emre Çolak ile yollar ayrıldı" (en turco). 21 de decembro de 2021. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  17. Mejías, Noelia (2 de xaneiro de 2022). "Rescinde contrato, pero seguirá en Turquía: el ex del Dépor que ya tiene nuevo equipo" (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2025. 
  18. "Emre Çolak Göztepe'mizde" (en turco). 1 de agosto de 2022. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  19. "Göztepe - Tuzlaspor maçında sinirler gerildi! Emre Çolak deliye döndü..." (en turco). 16 de outubro de 2022. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  20. Sancho de Rosa, Luis (27 de xaneiro de 2023). "El Intercity ficha a Emre Çolak". As (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2025. 
  21. "El terremoto de Turquía fue la causa por la que Emre Çolak decidió anunciar su retirada sin hablar con el Intercity". Marca (en castelán). 15 de febreiro de 2023. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  22. "El exdeportivista Çolak da un paso atrás y ahora dice que seguirá jugando". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 2023. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  23. "Emre Çolak se desvincula del Intercity" (en castelán). 3 de maio de 2023. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  24. "Emre Çolak ilk kez A Milli oldu" (en turco). 13 de outubro de 2012. Consultado o 1 de maio de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]