Noel López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Noel
Información persoal
Nome Noel López de la Fuente
Nacemento 17 de marzo de 2003
Lugar de nacemento Silleda
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Real Madrid Castilla
Carreira xuvenil
Silleda
2012–2021 Deportivo da Coruña
2016–2017San Tirso (cedido)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021–2022 Deportivo da Coruña 30 (4)
2022– Real Madrid Castilla 0 (0)
Selección nacional
2021– España sub-19 6 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de xuño de 2022.
Selección: actualizado a 29 de xuño de 2022.editar datos en Wikidata ]

Noel López de la Fuente, nado en Silleda o 17 de marzo de 2003, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro no Real Madrid Castilla, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol en Silleda, chamando pronto a atención do Deportivo da Coruña, que o incorporou para a súa canteira. No club coruñés comezou no equipo benxamín B, pasando a continuación por todas as categorías do club, ademais de xogar cedido no San Tirso na tempada 2016/17.

Xa no equipo xuvenil, competiu na División de Honra nas tempadas 2019/20 e 2020/21. Na segunda delas anotou 13 goles en 22 partidos, contribuíndo a que o equipo acadase a primeira posición do Grupo 1. Deste xeito disputou a Copa de Campións en Marbella, onde anotou un gol nos cuartos de final contra o Las Palmas, forzando a prórroga, e dous dos tres goles do Deportivo na final contra o FC Barcelona (3-1), proclamándose así campión de España.[1]

No verán de 2021 realizou a pre-tempada co primeiro equipo do Deportivo, adestrado por Borja Jiménez, xogando varios partidos amigables e marcando o seu primeiro gol contra o Arenteiro. Este gol fíxoo entrar na historia do Deportivo como o primeiro xogador en anotar en todas as categorías do club.[2]

O 29 de agosto debutou co Deportivo en partido oficial, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[3] Entrou nos minutos finais como substituto de Miku, participou no cuarto gol que culminou Doncel, e marcou el mesmo o quinto e derradeiro tanto.[4] Dúas semanas despois volveu disputar os últimos minutos do partido contra o Calahorra, facendo un novo gol. As súas boas actuacións no pouco tempo que dispoñía fixeron que gañase máis minutos e que disputase varios partidos como titular. Rematou a tempada cun total de 32 partidos, 12 deles como titular e 4 goles. Xogou os minutos finais dos dous partidos da promoción de ascenso, contra Linares e Albacete, na que o equipo non conseguiu o obxectivo de regresar a Segunda.

En xuño anunciouse a súa fichaxe polo Real Madrid Castilla, tamén da Primeira RFEF.[5]

Selección española[editar | editar a fonte]

En setembro de 2021, uns días despois de debutar oficialmente co Deportivo da Coruña, fíxoo tamén coa selección española sub-19, xogando un partidos amigable contra México.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antelo, Iván (28 de xuño de 2021). "Noel, el héroe silledense de toda una generación del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  2. "Noel López entra en la historia del Deportivo con su primer gol". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  3. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  4. "Aprobados y suspenso del Depor: Noel culmina la fiesta de Juergen" (en castelán). 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  5. "El Castilla ficha a Noel López, joya de la cantera del Deportivo". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de xuño de 2022. Consultado o 29 de xuño de 2022. 
  6. "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]