Saltar ao contido

Pinchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPinchi

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Altura1,71 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2018   Deportivo Fabril 96(49)
2015–2017   Deportivo da Coruña 1(0)
2018–2019   Atlético de Madrid B 35(10)
2019–2021   Extremadura Unión Deportiva 38(5)
2020–2021 cesión:    CF Fuenlabrada 27(3)
2021–2023   UD Las Palmas 16(0)
2022–2023 cesión:    Club Deportivo Mirandés 38(3)
2023–2024   Çaykur Rizespor 15(0)
2024–2024 cesión:    Racing de Ferrol 11(1)
2024–2025 Esenler Erokspor 28(4)
2025–2026 Volos N.F.C. 14(0)
2026– Club Deportivo Extremadura

Óscar Francisco García Quintela, coñecido como Pinchi, nado na Coruña o 17 de xaneiro de 1996,[1][2] é un futbolista galego, que xoga de centrocampista no Extremadura, da Segunda Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Entrou na canteira do Deportivo da Coruña en 2005, aos nove anos. Pasou polas diferentes categorías do club e na tempada 2013/14 debutou co Fabril en Terceira División, disputando 17 encontros e marcando o seu primeiro gol, contra o Rápido de Bouzas. Seguiu alternando o equipo xuvenil co filial na 2014/15 e xa para a tempada 2015/16 pasou a ser xogador do Fabril a todos os efectos. Marcou 19 goles na liga regular esa tempada, formando unha gran dupla goleadora co colombiano Juan Ferney Otero, e fixo outro gol máis na fase de ascenso a Segunda B, na que o equipo de Manuel Mosquera caeu eliminado contra o Navalcarnero.

Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, adestrado por Víctor Sánchez. Foi o 16 de decembro de 2015, nun partido de Copa do Rei fronte á UE Llagostera que rematou en empate (1–1). Comezou a tempada 2016/17 da Terceira División marcándolle cinco goles ao Compostela na primeira xornada e rematou a competición como o segundo máximo goleador do Grupo I, só por detrás do seu futuro compañeiro de equipo Uxío, por aquel entón no Cerceda. O Fabril proclamouse campión do seu grupo e logrou o ascenso á categoría de bronce despois de derrotar ao Cacereño.[3]

Ademais, o 20 de xaneiro de 2017 debutou na Primeira División, nun encontro contra a UD Las Palmas a domicilio que rematou en empate (1–1), e no que o adestrador Gaizka Garitano lle deu entrada case ao final do partido como substituto de Joselu.[4] Na tempada 2017/18 disputou 28 encontros e marcou 6 goles co Fabril na Segunda B, na que foi a mellor campaña da historia do club, rematando na segunda posición e xogando a promoción de ascenso a Segunda contra o Extremadura.[5]

Atlético de Madrid B

[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño de 2018, deixou o Dépor despois de 13 anos na disciplina do club, e uniuse ao Atlético de Madrid B.[6] No equipo de Óscar Fernández foi titular en case todos os partidos, marcando 10 goles e xogando unha nova fase de ascenso a Segunda.

Extremadura

[editar | editar a fonte]

O 19 de xullo de 2019, o Extremadura UD, de Segunda División, anunciou a fichaxe de Pinchi por tres tempadas.[7] O 8 de febreiro de 2020 anotou o seu primeiro gol como profesional, na derrota por 2-4 fronte ao Tenerife.[8] Xogou 38 partidos ao longo da tempada e marcou 5 goles. Os seus últimos dous tantos anotounos, co equipo estremeño xa descendido, na 40ª xornada fronte ao Deportivo da Coruña, e serviron para remontar o partido e lograr unha vitoria por 2-3 que deixou ao seu antigo equipo ao bordo do descenso, do que non conseguiu fuxir.[9] En setembro de 2020 marchou cedido ao Fuenlabrada, onde xogou 29 partidos, aínda que só 9 deles como titular, facendo tres goles.[10]

Las Palmas

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe pola UD Las Palmas, onde asinou por tres tempadas.[11] Chegou ao equipo como unha petición do adestrador Pepe Mel, pero contou con pouca participación no conxunto amarelo, situación que empeorou trala chegada ao banco de García Pimienta.[12] Disputou un total de 18 partidos, a gran maioría deles como suplente, sumando menos de 700 minutos de xogo. No verán de 2022 a directiva do club, encabezada polo galego Luis Helguera, decidiu buscarlle unha saída, polo que foi cedido ao Mirandés, da mesma categoría.[13] En Miranda de Ebro, ás ordes de Joseba Etxeberria, o xogador coruñés converteuse nunha das pezas máis destacadas do equipo, que conseguiu o obxectivo da permanencia. Disputou 39 partidos, 33 deles como titular, e marcou 6 goles.[12]

Çaykur Rizespor

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2023 anunciouse o seu traspaso ao Çaykur Rizespor, da Süper Lig turca.[14] Debutou co seu novo equipo na primeira xornada de liga, diante do Adana Demirspor, converténdose no terceiro futbolista galego en xogar no campionato turco, despois do vilagarcián Dani Abalo e do coristanqués Angeliño. A súa estrea no campionato de liga produciuse nun partido ante o Adana Demirspor e sumou 13 partidos de liga e dous da Copa de Turquía, ata que no mercado invernal anunciouse a súa cesión ao Racing de Ferrol, da Segunda División.[15]

Ás ordes de Cristóbal Parralo, disputou 11 partidos, todos como titular, e marcou un gol diante do FC Cartagena.

Esenler Erokspor

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2024/25 regresou a Turquía e militou no Esenler Erokspor, da TFF 1. Lig, segunda categoría do país. Disputou un total de 28 encontros, nos que marcou 4 goles e repartiu 3 asistencias.

En agosto de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Volos, da Superliga de Grecia.[16] No conxunto grego disputou un total de 14 partidos, ata que deixou o equipo no mercado invernal.

Extremadura

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2026 regresou ao fútbol estremeño, fichando polo Extremadura, da Segunda Federación.[17]

  1. "Club Atlético de Madrid · Web oficial - Óscar ‘Pinchi’: “Estamos con muchas ganas de que llegue el domingo”". www.atleticodemadrid.com. Consultado o 2020-04-10.
  2. "Óscar Pinchi - Extremadura UD  - Estadísticas - palmarés". www.footballdatabase.eu. Consultado o 2020-04-10.
  3. "O Fabril golea ao Compostela con Óscar en estado de graza". Deportivo da Coruña. 21 de agosto de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2021.
  4. "LaLiga, Las Palmas-Deportivo: Florin Andone 'aguó' a los canarios (1-1)" (en castelán). 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2021.
  5. "El Extremadura se clasifica para semifinales con un gol en la prórroga ante el Deportivo Fabril". Sport (en castelán). 26 de maio de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2021.
  6. "El Atlético B ficha a Pinchi, del Deportivo". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2021.
  7. "‘PINCHI’, DINAMITA Y EXPLOSIVIDAD EN AZULGRANA" (en castelán). 19 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020.
  8. "Dani Gómez héroe en Almendralejo". Marca (en castelán). 8 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020.
  9. Barreiros, Pedro (12 de xullo de 2020). "El Dépor vuelve a la pesadilla tras caer con estrépito ante el Extremadura". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2023.
  10. "El coruñés Óscar Pinchi ficha por el Fuenlabrada" (en castelán). 10 de setembro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020.
  11. "Pinchi, ex del Dépor, ficha por la UD Las Palmas donde se reencontrará con Pepe Mel" (en castelán). 20 de xullo de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2021.
  12. 1 2 Fontecha, Kevin (31 de maio de 2023). "Dudas con Pinchi: Pimienta quiere verle" (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2023.
  13. "Pretemporada UD Las Palmas: La lista negra de Pimienta: Veiga, Pinchi, Ferigra, Clau y Ale Díez" (en castelán). 15 de xullo de 2022. Consultado o 24 de novembro de 2023.
  14. "El coruñés Pinchi ya es jugador del Caykur Rizespor". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2023. Consultado o 24 de novembro de 2023.
  15. Codesido, Juanma (1 de febreiro de 2024). "Oficial: Óscar Pinchi refuerza el ataque del Racing de Ferrol". As (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
  16. Durán, Esther (18 de agosto de 2025). "Óscar Pinchi cambia de país para iniciar una nueva aventura en el extranjero". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2025.
  17. Regueiro, Zeltia (23 de marzo de 2026). "Pinchi regresa a España para terminar la temporada en Segunda Federación". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]