William de Camargo
William | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | William de Camargo Escobar | ||
Nacemento | 27 de febreiro de 1999 (24 anos) | ||
Lugar de nacemento | São José do Rio Preto | ||
Altura | 1,69 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | KMSK Deinze | ||
Carreira xuvenil | |||
Derac | |||
América-SP | |||
2013–2017 | São Paulo | ||
2017–2018 | Leganés | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2019 | Leganés B | 10 | (1) |
2018–2019 | FC Karpaty Lviv | 1 | (0) |
2019– | Leganés | 0 | (0) |
2019–2021 | → Cartagena (cedido) | 31 | (3) |
2021 | → Valencia B (cedido) | 12 | (0) |
2021–2022 | → Deportivo da Coruña (cedido) | 33 | (3) |
2022– | → KMSK Deinze (cedido) | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 2 de setembro de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
William de Camargo Escobar, nado en São José do Rio Preto o 27 de febreiro de 1999, é un futbolista brasileiro, que pode alternar as posicións de centrocampista e dianteiro. Dende 2022 milita no KMSK Deinze, da Segunda División de Bélxica, cedido polo Leganés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do São Paulo FC, ao que se incorporou no ano 2013. Tras rematar o seu contrato co club brasileiro, o xogador de 18 anos marchou a España, onde entrou na canteira do CD Leganés en abril de 2017.[1]
Xogou co equipo madrileño na División de Honra e o 25 de febreiro de 2018 fixo o seu debut co Leganés B en Terceira División, nunha vitoria por 5 goles a cero fronte ao CDF Tres Cantos.[2]
No verán de 2018 realizou toda a pretemporada co primeiro equipo e o 30 de agosto saíu cedido durante unha campaña ao FC Karpaty Lviv, da Primeira División de Ucraína.[3] Debutou como profesional o 15 de setembro, substituíndo a Marian Shved nun partido que acabou cunha derrota por 0-1 contra o FC Vorskla Poltava.
En setembro de 2019 foi cedido ás filas do FC Cartagena.[4][5] En principio chegou para reforzar o equipo filial de Tercera División,[6] pero converteuse rapidamente en xogador do primeiro equipo, da Segunda División B.[7] Disputou 22 partidos co equipo principal, adestrado na primeira parte da tempada por Munúa e na segunda por Borja Jiménez, e marcou tres goles, contribuíndo a que o conxunto rematase primeiro do Grupo IV, cando a pandemia de COVID-19 paralizou a competición. En xullo foi titular no partido da promoción de ascenso contra o Atlético Baleares, na que o Cartagena venceu na quenda de penaltis, regresando así á Segunda División oito anos despois.[8]
A súa cesión foi ampliada por un ano máis e debutou na Segunda División na primeira xornada da tempada 2020/21, contra o Oviedo no Carlos Tartiere. Xogou once encontros máis, aínda que só dous deles como titular, e en xaneiro púxoselle fin á cesión.[9] No mesmo día foi cedido novamente, esta vez ao Valencia Mestalla, da Segunda División B, co que disputou 12 encontros ata o remate da tempada.
En xullo de 2021 anunciouse a súa chegada ao Deportivo da Coruña, na súa terceira cesión consecutiva.[10] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[11] Disputou un total de 35 partidos co equipo coruñés, incluídos os dous partidos da promoción de ascenso, e marcou 4 goles.
Para a tempada 2022/23 foi cedido ao KMSK Deinze, da Segunda División de Bélxica.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Promessa que foi embora após São Paulo negar aumento fecha com time B de 'nanico' da Espanha". ESPN (en portugués). 2 de maio de 2017. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El Leganés B gana por 0-5 al Fútbol Tres Cantos" (en castelán). 26 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El canterano William, cedido al Karpaty FC ucraniano" (en castelán). 30 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El brasileño William de Camargo, segundo cedido por el Leganés" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William de Camargo, cedido una temporada al F.C. Cartagena" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William: "Aún tengo que aprender y mejorar para dar más rendimiento al Cartagena"" (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William disfruta por sorpresa tras un verano lleno de dudas" (en castelán). 8 de outubro de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ Mainez, Rafa (20 de xullo de 2020). "El Cartagena consigue el ascenso a Segunda tras ganar al Baleares en penaltis". Marca (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El jugador William de Camargo se desvincula del FC Cartagena" (en castelán). 14 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William de Camargo, novo xogador do Dépor 2021-2022". 5 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "El Lega manda cedido a William de Camargo a la Segunda de Bélgica" (en castelán). 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).