Lucho García
Lucho García | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luis Alberto García Pacheco | ||
Nacemento | 20 de marzo de 1998 (24 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barranquilla | ||
Altura | 1,93 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Ponferradina | ||
Carreira xuvenil | |||
2012 | Real Madrid | ||
2013–2018 | Rayo Vallecano | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2018 | Rayo Vallecano | 0 | (0) |
2018–2020 | Sevilla B | 29 | (0) |
2020–2021 | Deportivo da Coruña | 10 | (0) |
2021– | Ponferradina | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2017 | Colombia sub-17 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 9 de xuño de 2021 Selección: actualizado a 26 de novembro de 2020[ editar datos en Wikidata ] | |||
Luis Alberto García Pacheco, coñecido como Lucho García, nado en Barranquilla o 20 de marzo de 1998, é un futbolista colombiano que xoga de porteiro na Ponferradina, da Segunda División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou a España en 2012, fichado polo Real Madrid para a súa canteira, pero poucos meses despois deixou o equipo branco debido á falta de minutos, e recalou nas categorías inferiores do Rayo Vallecano.[1] A partir do 2016 foi convocado co primeiro equipo do Rayo en numerosas ocasións, pero sen chegar a debutar, tendo por diante a porteiros como Paulo Gazzaniga ou Alberto.
A principios da tempada 2018/19 fichou polo Sevilla Atlético, filial do Sevilla FC.[2] Xogou dúas tempadas no equipo sevillano na Segunda B, disputando 29 partidos e sendo convocado co primeiro partido en catro ocasións, sen chegar a debutar en partido oficial, aínda que si o fixo no Trofeo Antonio Puerta.
En setembro de 2020, despois de desvincularse co Sevilla, fichou polo Deportivo da Coruña, que acababa de descender á Segunda B.[3] Aínda que comezou a tempada como suplente de Carlos Abad, acabou por facerse coa titularidade na portería galega, disputando os últimos dez partidos de liga, nos que encaixou só tres goles.
O 1 de xullo de 2021 anunciouse o seu traspaso á Ponferradina.[4]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coas categorías sub-15, sub-17 e sub-20 de Colombia.[5] Foi convocado pola selección sub-20 de Colombia para disputar o Campionato Suramericano sub-20 de 2017 celebrado en Ecuador.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Luis Alberto García: "Soy diferente a Ospina. Me gusta saber actuar bien con los pies"". Marca (en castelán). 3 de abril de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Lucho García ficha por el Sevilla Atlético". unionrayo.es (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Lucho García, novo porteiro do Dépor 20·21". Deportivo da Coruña. 8 de setembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "O Dépor e a SD Ponferradina acordan o traspaso de Lucho García". Deportivo da Coruña. 1 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2021.
- ↑ "Ficha de Lucho García". Deportivo da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Lucho García, convocado por Colombia sub 23" (en castelán). 28 de agosto de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2020.