Borja Galán
Borja Galán | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Borja Galán González | ||
Nacemento | 26 de abril de 1993 (29 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,90 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | UD Logroñés | ||
Carreira xuvenil | |||
2002–2012 | Atlético de Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2011 | Atlético de Madrid C | 6 | (1) |
2012–2015 | Atlético de Madrid B | 47 | (3) |
2015–2016 | Getafe B | 36 | (8) |
2016–2018 | Deportivo Fabril | 70 | (10) |
2018–2019 | Alcorcón | 33 | (2) |
2019–2021 | Deportivo da Coruña | 31 | (2) |
2020 | → Racing de Santander (cedido) | 10 | (1) |
2021– | UD Logroñés | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2011 | España sub-18 | 2 | (0) |
2012 | España sub-20 | 4 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 11 de xuño de 2021 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Borja Galán González, nado en Madrid o 26 de abril de 1993, é un futbolista español. Xoga de extremo na UD Logroñés da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criouse na canteira do Atlético de Madrid, na que ingresou aos nove anos. Pasou polas diferentes categorías inferiores do club ata que na tempada 2010/11 debutou co segundo filial, o Atlético de Madrid C, en Terceira División. Na 2012/13 debutou en Segunda B co Atlético de Madrid B, co que xogou ata 2015, cunha interrupción entre 2013 e 2014, cando estivo máis dun ano de baixa por unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.[1][2]
En xullo de 2015, despois de que o Atlético B perdese a categoría, Galán fichou polo Getafe B co que disputou a tempada 2015/16 de Segunda B.[3]
En xullo de 2016 fichou polo Deportivo da Coruña para xogar co seu filial, o Fabril, na Terceira División.[4] Militou dous anos no equipo branquiazul, xogando 79 partidos e marcando 11 goles.
En xullo de 2019 fichou por dúas tempadas polo AD Alcorcón da Segunda División.[5] Debutou na categoría de prata o 18 de agosto, nun partido fronte ao Sporting de Gijón en Santo Domingo,[6] e marcou o seu primeiro gol o 10 de novembro no Anxo Carro contra o Lugo.[7]
O 8 de xullo de 2019, o Deportivo da Coruña fixo efectiva a cláusula de repesca sobre Galán, incorporándose de novo ó equipo coruñés, que militaba tamén en Segunda.[8] O 31 de xaneiro de 2020, despois de xogar 14 encontros co Deportivo, foi cedido ó Racing de Santander ata final de tempada.[9] Ámbolos dous equipos acabaron descendendo a Segunda B nesa tempada.
O 5 de outubro de 2020 renovou o seu contrato co Deportivo por dúas tempadas máis.[10] Na xornada 8 da tempada 2020/21 marcou o seu primeiro gol co equipo coruñés, contra o Celta B en Riazor. Rematou a tempada con 19 partidos e dous goles, e en xullo de 2021 anunciouse que deixaba o club despois de chegar a un acordo con este para rescindir o contrato.[11]
O 31 de agosto de 2021, Galán chegou a un acordo por unha tempada coa UD Logroñés da Primeira División RFEF.[12]
Selección española[editar | editar a fonte]
Foi internacional en varias ocasións coas categorías inferiores da selección española. En 2011 debutou coa selección sub-18, coa que xogou dous partidos da Copa do Atlántico nas Illas Canarias.[13] Foi tamén internacional coa sub-20.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Borja Galán será operado este lunes" (en castelán). 4 de agosto de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "Borja Galán: "Estoy muy contento de volver después de 15 meses"" (en castelán). 31 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ G. Fuente, Chema (29 de xullo de 2015). "El canterano Borja Galán se marcha al Getafe". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "Arnau Campeny e Borja Galán apontoan a zaga e a dianteira fabrilista". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ Jiménez, Álex (5 de xullo de 2018). "Borja Galán, auténtica pólvora para el ataque del Alcorcón". Marca (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "El Sporting salva un punto a domicilio en el 93". ABC (en castelán). 19 de agosto de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "Borja Galán hace que el Alcorcón duerma líder de Segunda". As (en castelán). 10 de novembro de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "O Real Club Deportivo exerce a opción de repesca sobre Borja Galán". Deportivo da Coruña. 8 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "Borja Galán, cedido ao Real Racing Club até final de temporada". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "Borja Galán continuará dúas campañas máis no Dépor". Deportivo da Coruña. 5 de outubro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "Borja Galán no seguirá en el Deportivo" (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "Borja Galán, nuevo delantero de la UD Logroñés" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2021.
- ↑ Gabilondo, Aritz (20 de xaneiro de 2011). "Lista de convocados para la Copa del Atlántico Sub-18". As (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1993
- Nados en Madrid
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Atlético de Madrid C
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores do Getafe CF B
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do UD Logroñés