Roberto Fernández Alvarellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Roberto
Roberto Fernández Alvarellos.jpg
Información persoal
Nome completoRoberto Fernández Alvarellos
Nacemento25 de xaneiro de 1979 (39 anos)
LugarChantada, Galicia
Altura1,81 m.
PosiciónPorteiro
Información de club
Club actualLugo (adestrador de porteiros)
Carreira xuvenil
Celta de Vigo
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1997–2002Celta B125(0)
2002–2008Sporting de Gijón197(0)
2008–2010Osasuna28(0)
2010–2015Granada131(0)
2015–2018Lugo23(0)
Selección nacional
2005–2008Galicia4(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 10 de xuño de 2017

Roberto Fernández Alvarellos, nado o 25 de xaneiro de 1979 en Chantada, é un ex-futbolista profesional galego. Formando na canteira do Real Club Celta de Vigo, actualmente traballa como adestrador de porteiros no Club Deportivo Lugo, último equipo onde xogou como profesional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Chantada, Roberto Fernández formouse na canteira do Celta de Vigo, onde non chega debutar co primeiro equipo, pero sendo convocado como porteiro suplente nun bo número de partidos, incluindo a Copa Intertoto na que foi inscrito como suplente de Pinto para as duas primeiras eliminatorias, fronte o Pelister e o Aston Villa[1], sendo traspasado no ano 2002 ao Real Sporting de Gijón. No club asturiano permanece durante seis temporadas, onde foi titular indiscutíbel excepto no seu primeiro ano. Na temporada 2003-04, tras un encontro xogado o 15 de febreiro de 2004 fronte ao Algeciras Club de Fútbol, no que o Sporting venceu por 0-3, superou a marca de imbatibilidade do club ao manterse durante 727 minutos consecutivos sen recibir un gol;[2] dita marca, até entón, estaba en poder de Emilio Isierte, con 704 minutos en Primeira División. Finalmente, prolongou a súa serie até os 831 minutos. Dous anos máis tarde, na campaña 2005-06, recibiu o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado de Segunda División, concedendo só 31 goles en 38 partidos.

Na temporada 2007-08, tras xogar todos os partidos de liga excepto un, lograr o ascenso á máxima categoría co club asturiano despois de dez anos de ausencia. Despois de empezar ano no banco, debutando en Primeira División o 2 de novembro de 2008 ante Espanyol, conseguiría facerse co posto de titular ante Ricardo. Porén, na temporada 2009-10, non xoga case ningún partido en Liga, aparecendo en partidos de Copa do Rei e nos dous últimos partidos de competición. Esta situación fai que abandone o club e asine co Granada Club de Fútbol por tres temporadas. Na temporada 2010-11 contribúe á clasificación do equipo granadino para o encontro final da promoción de ascenso tras anotar un gol e deter un dos lanzamentos na quenda de penaltis contra o Celta de Vigo.

Un días despois o seu equipo consegue o ascenso á Primeira tras vencer ao Elche Club de Fútbol na final, sendo o segundo ascenso á primeira de Roberto. Xa en primeira acaba por converterse no porteiro titular do Granada e nun dos xogadores máis queridos polos seus seareiros. Tras finalizar o seu contrato, despois de ser un dos principais valedores da permanencia do club andaluz en Primeira, volta á súa terra a asinando co Club Deportivo Lugo por tres anos como xogador, pasando posteriormente a formar parte do corpo técnico do club lucense. No seu primeiro ano cos albivermellos, enferma de mononucleose xusto antes do comezo de campionato, o que o acaba por relegar á suplencia ante José Juan, quen xa fora compañeiro seu no Granada. Ao final de temporada xoga 5 partidos onde recibe 7 goles.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles rec.
1997−1998 Celta B Terceira 36
1998−1999 Celta B Terceira 30 30
1999−2000 Celta Primeira 0 0
1999−2000 Celta B Terceira 23 13
2000−2001 Celta Primeira 0 0
2000−2001 Celta B Terceira 36 23
2001−2002 Celta B Segunda B 35 33
2002−2003 Sporting de Gijón Segunda 1 0
2003−2004 Sporting de Gijón Segunda 39 34
2004−2005 Sporting de Gijón Segunda 39 35
2005−2006 Sporting de Gijón Segunda 38 31
2006−2007 Sporting de Gijón Segunda 39 47
2007−2008 Sporting de Gijón Segunda 41 39
2008−2009 Osasuna Primeira 26 34
2009−2010 Osasuna Primeira 2 3
2010−2011 Granada Segunda 40 44
2011−2012 Granada Primeira 22 29
2012−2013 Granada Primeira 14 17
2013−2014 Granada Primeira 32 43
2014−2015 Granada Primeira 23 36
2015−2016 Lugo Segunda 5 7
2016−2017 Lugo Segunda 14 16
2017−2018 Lugo Segunda 4 5

Internacional[editar | editar a fonte]

Roberto Fernández xogou catro partidos coa selección galega contra as seleccións de Uruguai, Ecuador, Camerún, sendo o capitán da Irmandiña no encontro ante Irán.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]