Saltar ao contido

Manuel Borja Calvar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capi
Información persoal
Nome Manuel Borja Calbar Simón
Nacemento 2 de abril de 1981 (43 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,88 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Pontevedra
Número 4
Carreira xuvenil
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2003 Ponte Ourense
2003–2005 Zaragoza B 52 (0)
2003–2006 Zaragoza 13 (1)
2006–2007 Murcia 1 (0)
2006–2007 Lorca Deportiva 5 (1)
2007–2008 Las Palmas 7 (0)
2008–2009 Ciudad de Santiago 32 (2)
2009–2012 Montañeros 65 (4)
2012–2014 Ourense 48 (2)
2015–2017 Pontevedra 37 (1)
Selección nacional
2005–2008 Galicia 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Borja Calvar Simón, coñecido como Capi, nado en Vigo o 2 de abril de 1981, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo e tras un breve paso polo Ponte de Ourense fichou polo filial do Real Zaragoza en 2003. Compartiu o filial co primeiro equipo durante dúas tempadas ata que na 2005/06 contou con ficha do primeiro equipo, esta sería a última no equipo maña xa que marcha ao Real Murcia en busca de minutos. Porén non o consegue en Murcia e ficha por Lorca CF, UD Las Palmas e Cidade de Santiago en anos sucesivos.

Finalmente atopou continuidade no Montañeros CF, onde militou tres tempadas ata que en 2012 fichou polo CD Ourense.

Foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia en tres ocasións entre 2005 e 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]