Gaku Shibasaki
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 28 de maio de 1992 Noheji | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 64 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Xapón | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 20 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2019 | Copa América de 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2015 | Copa de Asia de 2015 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | Erina Mano (2018–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Chandrexao (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 8 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Gaku Shibasaki (柴崎 岳 Shibasaki Gaku), nado en Noheji (Aomori) o 28 de maio de 1992, é un futbolista xaponés. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o CD Leganés da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Noheji, na prefectura de Aomori, estudou no Instituto Yamada, onde comezou a destacar en campionatos xuvenís de fútbol. En xaneiro de 2010 anunciouse sería xogador do Kashima Antlers a partir da tempada 2011.[1] Debutou co seu novo club na J1 League o 29 de abril de 2011, nun partido ante o Avispa Fukuoka, da man do adestrador brasileiro Oswaldo de Oliveira, que o fixo xogar como lateral dereito.[2] Catro días despois disputou o seu primeiro encontro continental, ante o Shanghai Shenhua na Liga de Campións da AFC.[3]
Marcou o seu primeiro gol na prórroga das semifinais da Copa J.League, metendo o seu equipo na final, que finalmente acabaría conquistando ante o Urawa Red Diamonds con Shibasaki como titular.[4] Pechou a súa primeira campaña como profesional, cun total de 20 encontros e un gol. Na seguinte tempada, xa con Jorginho como adestrador, revalidou o título da copa da liga, sendo o autor dos dous goles do Kashima Antlers na final contra o Shimizu S-Pulse no Estadio Nacional.[5] Durante esta campaña xogou 45 encontros, nos que anotou catro goles, asentado no centro do campo, e recibiu o premio ao mellor xogador novo da liga.
Disputou a totalidade dos partidos do seu equipo na tempada 2013 e continuou destacando na 2014, na que foi elixido no once ideal da liga. En 2015 gañou a súa terceira Copa J.League e ao ano seguinte proclamouse por primeira vez campión de liga, superando na final ao Urawa Red Diamonds.[6] Como campión do Xapón, disputou a Copa do Mundo de Clubs, sendo titular en todos os encontros do seu equipo e contribuíndo a acadar a final. Enfrontouse entón ao Real Madrid no Estadio Internacional de Iocoama e anotou dous goles cos que o Kashima Antlers neutralizou o tanto inicial de Karim Benzema. A pesar de que a final se acabou decantando a favor do conxunto español grazas a un triplete de Cristiano Ronaldo, a actuación de Shibasaki chamou a atención do fútbol europeo e valeulle o Balón de Bronce do torneo como terceiro mellor xogador (só por detrás de Cristiano Ronaldo e Luka Modrić), así como o premio ao xogo limpo da FIFA.[7]
O primeiro día do 2017 conquistou a Copa do Emperador ante o Kawasaki Frontale, sendo este o último encontro da súa primeira etapa no Kashima Antlers.[8]
O 14 de xullo de 2019 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División, procedente do Getafe CF e firmando por catro temporadas. Trátase do primeiro xogador nipón en vestir a camisola do Deportivo.[9] O traspaso foi a custo cero, no que o club só abonaría unha parte en caso de ascenso.[10] Foi presentado en Riazor uns días máis tarde.[11]
O 4 de setembro de 2020, Shibasaki fichou polo CD Leganés da Segunda División, asinando un contrato por tres tempadas.[12]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]- Kashima Antlers
- J1 League: 2016
- Copa J.League: 2011, 2012
- Copa do Emperador: 2016
- Copa Suruga Bank: 2012, 2013
Internacional
[editar | editar a fonte]- Xapón
- Copa Asiática Finalista: 2019
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "柴崎岳選手の2011年加入内定について" (en xaponés). 20 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "岩政が逆転ゴール!!鹿島が今季初勝利、柴崎もデビュー飾る" (en xaponés). 29 de abril de 2011. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "セットプレーから興梠2発!!鹿島は今夜にもグループリーグ突破決定" (en xaponés). 3 de maio de 2011. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "新人離れのプレー」、ボランチ&SBで奮闘の柴崎「金メダルは重たかった" (en xaponés). 29 de outubro de 2011. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "Jリーグヤマザキナビスコカップ 決勝トーナメント 決勝" (en xaponés). 3 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "鹿島3連敗も収穫 昌子「手応えかなり感じている」" (en xaponés). 29 de outubro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "「鹿島から多くの才能が現れた」伊紙が"目を奪われた"選手として柴崎などを紹介" (en xaponés). 20 de decembro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "鹿島V ベテラン若手が融合…黄金時代再来の予感" (en xaponés). 1 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de abril de 2026.
- ↑ "Gaku Shibasaki, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2019.
- ↑ "Oficial: Gaku Shibasaki ya es nuevo jugador del Deportivo". Diario As. 14 de xullo de 2019. (en castelán)
- ↑ "Gaku, na súa presentación, márcase como meta "axudar ao equipo a conseguir o ascenso"". Deportivo da Coruña. 22 de xullo de 2019.
- ↑ El C.D. Leganés incorpora el talento de Gaku Shibasaki para su centro del campo