Aythami Artiles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aythami
Información persoal
Nome completo Aythami Artiles Oliva
Nacemento 2 de abril de 1986 (28 anos)
Lugar Arguineguín, España
Altura 1,85 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Las Palmas
Número 12
Carreira xuvenil
Las Palmas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2004 Las Palmas B
2004–2007 Las Palmas 92 (6)
2007–2013 Deportivo da Coruña 69 (4)
2008–2010 Xerez (cedido) 87 (7)
2013– Las Palmas 0 (0)
Selección nacional
2004–2005 España sub-19 3 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 1 de xuño de 2013.
† Aparicións (Goles)

Aythami Artiles Oliva, nado en Arguineguín (Gran Canaria) o 2 de abril de 1986, é un futbolista español. Xoga de defensa na UD Las Palmas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aythami Artiles Oliva máis coñecido come "Aythami" comezou a súa carreira futbolística co UD Las Palmas B no ano 2003. Unha boa primeira temporada no filial, sumado ao descenso do primeiro equipo a Segunda B levouno á primeira plantilla para a temporada 2004/05. Tras dous anos en Segunda B co equipo canario consiguen o ascenso a Segunda División para a temporada 2006/07, temporada na que o central amosa as súas cualidades para o fútbol profesional.

No 2007 ficha polo Deportivo. Mais nesa primeira temporada co seu novo club só chega a disputar un partido, polo que tanto o clube herculino coma o xogador chegan á conclusión de que é necesario buscar unha alternativa para non frear a progresión do futbolista. Esta solución chega cando o Deportivo acorda co Xerez a cesión do xogador para o resto da temporada 2007/08. O canario chegaba a un club con problemas económicos e en postos de descenso. A pesar dos problemas Aythami soubo adaptarse rapidamente ao encontrarse con compañeiros como Momo ou Adrián Martín da canteira da UD Las Palmas. Conseguiu facerse coa titularidade no centro da defensa, contribuindo á permanencia.

Ao final desa tempada 2007-2008 Dépor e Xerez CD chegan a un acordo para ampliar a cesión por unha temporada máis. Nesta temporada Aythami consegue consolidarse definitivamente como titular indiscutíbel no centro da defensa contribuíndo decisivamente no ascenso a Primeira División que consigue o Xerez CD por primeira vez na súa historia.

No verán de 2010 o xogador canario volve ao Dépor, tras finalizar a cesión, confirmándose que na tempada 2010–11 vai a formar parte do cadro de xogadores do club galego.[1] O canario volve xogar co equipo galego, tres anos despois, saíndo desde o banquiño no Santiago Bernabéu.[2] No seu primeiro partido como titular, sendo o central dunha defensa de cinco homes, o Deportivo consigue a súa primeira victoria da tempada por 3–0 ante o Espanyol.[3] Na xornada seguinte marca o seu primeiro gol co Deportivo no triunfo por 1–2, ante o Levante.[4]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Aythami Artiles foi internacional sub-19 con España en tres ocasións.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]