Saltar ao contido

Roberto Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Lago

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1985 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade26 de agosto de 2007 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2007   Celta de Vigo Fortuna 84(4)
2007–2013   Celta de Vigo 194(6)
2013–   Getafe CF
  Selección nacional Número de eventos xogados
2006–2008   Galicia 3(0)

Roberto Lago Soto, nado en Vigo o 30 de agosto de 1985, é un exfutbolista galego, que xogaba de lateral esquerdo. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Celta de Vigo, no que militou dende as súas categorías inferiores ata o primeiro equipo. Xogou tamén no Getafe e no APOEL de Nicosia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Celta de Vigo, debutando co Celta B na Segunda División B na tempada 2003/04. Xogou as seguintes tres tempadas co filial, subindo ao primeiro equipo na tempada 2007/08, aínda que xa realizara anteriormente a pretempada co primeiro equipo.

Debutou na primeira xornada da Segunda división contra o Córdoba en Balaídos, da man de Hristo Stoichkov. Nas categorías inferiores do Celta alternara varias posicións, comezando no lateral esquerdo, pasando a xogar de mediocentro nos seus primeiros pasos no Celta de Vigo B e nos seus adestramento co primeiro equipo, aínda que finalmente volveu ao lateral esquerdo e nesa posición é na que se afianzou como profesional.

Foi titular na maioría de partidos das seguintes seis tempadas, logrando na penúltima delas o ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2012/13 contra o Málaga en Balaídos. Ao remate da campaña non renovou o seu contrato co Celta, ao non satisfacer este as súas aspiracións económicas, e deixou o club despois de 18 anos nas súas filas, seis deles no primeiro equipo, co que disputou 209 partidos oficiais.[1]

Fichou entón polo Getafe CF, tamén de Primeira. Xogou no club madrileño tres tempadas, perdendo a categoría ao remate da 2015/16. Tralo descenso marchou a Chipre, onde asinou contrato co APOEL de Nicosia, no que xogou ata 2018, gañando dúas ligas chipriotas e xogando a Europa League e a Liga de Campións. Ao seu regreso de Chipre deixou o fútbol por unha lesión de xeonllo.[2][3]

Equipo Categoría Ano Partidos Goles
Celta de Vigo B Segunda B 2003-2004 3 0
Celta de Vigo B Segunda B 2004-2005 21 2
Celta de Vigo B Segunda B 2005-2006 32 2
Celta de Vigo B Segunda B 2006-2007 29 0
Celta de Vigo Segunda 2007-2008 34 1
Celta de Vigo Segunda 2008-2009 26 1
Celta de Vigo Segunda 2009-2010 37 1
Celta de Vigo Segunda 2010-2011 37 3
Celta de Vigo Segunda 2011-2012 38 1
Celta de Vigo Primeira 2012-2013 37 1
Getafe CF Primeira 2013-2014 22 0
Getafe CF Primeira 2014-2015 19 0
Getafe CF Primeira 2015-2016 17 0
APOEL Primeira 2016-2017 17 0
APOEL Primeira 2017-2018 20 1

Palmarés

[editar | editar a fonte]

APOEL FC

  1. ""Llevaré el Celta en el corazón"". Faro de Vigo (en castelán). 11 de xuño de 2013. Consultado o 6 de novembro de 2021.
  2. "Roberto Lago dejó el fútbol por una lesión de rodilla" (en castelán). 26 de abril de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2021.
  3. Destino Liga (28 de xuño de 2024). "“El fútbol me dejó a mí” Lesiones en el deporte. Con Roberto Lago". YouTube.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]