Gorka Santamaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorka Santamaría
Información persoal
Nome Gorka Santamaría Nos
Nacemento 3 de xullo de 1995
Lugar de nacemento Bilbao
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 11
Carreira xuvenil
2005–2013 Athletic de Bilbao
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2014 Basconia 64 (31)
2014–2016 Bilbao Athletic 74 (25)
2016–2017 Cádiz 16 (2)
2017–2018 Recreativo de Huelva 31 (5)
2018–2019 Sporting de Gijón B 35 (10)
2019–2022 Badajoz 87 (31)
2022– Deportivo da Coruña 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xuño de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Gorka Santamaría Nos, nado en Bilbao o 3 de xullo de 1995, é un futbolista español, que xoga de dianteiro. Dende 2022 milita no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF. É irmán dos tamén futbolistas Josu e Ander Santamaría, sendo xemelgo deste último.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou aos 10 anos na canteira do Athletic Club e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. Na tempada 2012/13 debutou na Terceira División co Basconia, segundo filial do Athletic, e na seguinte campaña foi o máximo goleador do grupo IV da categoría, con 20 tantos.[2] Para a tempada 2014/15 subiu ao primeiro filial, o Bilbao Athletic, da Segunda División B,[3] onde militou durante dúas tempadas, tendo como adestrador ao "Cuco" Ziganda. Na primeira delas marcou 18 goles, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Sabin Merino, e logrou o ascenso á Segunda División.[4] Na tempada 2015/16 marcou 7 goles en 34 partidos da categoría de prata, pero o equipo acabou descendendo. Na tempada 2016/17 saíu cedido ao Cádiz,[5] onde dispuxo só de 481 minutos, nos que marcou dous goles.

En 2017 rematou o seu contrato co Athletic e asinou co Recreativo de Huelva, de Segunda B.[6] Disputou un total de 31 partidos co club andaluz, nos que marcou 5 goles. Para a tempada 2018/19 fichou polo Sporting de Gijón B,[7] co que marcou 10 goles en 35 partidos.[8]

En xullo de 2019, fichou polo Badajoz, club no que militou durante os seguintes tres anos.[9] Durante ese período disputou un total de 92 partidos e marcou 31 goles, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión do seu grupo da Segunda B en 2021, aínda que non conseguiu o ascenso a Segunda. Na tempada 2021/22 os seus 15 goles colocárono como o terceiro máximo goleador do Grupo I da Primeira División RFEF, só por detrás de Quiles e Héctor Hernández.

En xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén da Primeira RFEF.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beltrán, Javier (6 de decembro de 2018). "Gorka Santamaría: «Villalibre e Iñigo Vicente serán jugadores de Primera División»" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  2. Vivanco, Joseba (5 de decembro de 2014). "Los cachorros enseñan sus garras a los leones" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  3. "El Bilbao Athletic empieza a trabajar con 17 novedades en un grupo de 25 futbolistas" (en castelán). 14 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  4. Rodrigálvarez, Eduardo (28 de xuño de 2015). "El Bilbao Athletic, una orquesta variopinta de aprendices". El País (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  5. "Santamaría refuerza la delantera del Cádiz". Marca (en castelán). 20 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  6. "El Recreativo ficha al delantero del Athletic Gorka Santamaría". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  7. Cabranes, Ángel (6 de xullo de 2018). "Gorka Santamaría refuerza al Sporting B" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  8. "Gorka Santamaría y Rubén Sánchez no continúan en la disciplina rojiblanca" (en castelán). 31 de maio de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  9. Zubieta, Jon (3 de xullo de 2019). "El exrojiblanco Santamaría ficha por el Badajoz". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  10. "Gorka Santamaría, primeira fichaxe do Dépor 22-23". 21 de xuño de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]