Sidnei Rechel da Silva
Sidnei | |||
---|---|---|---|
Sidnei xogando co Beşiktaş en 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | Sidnei Rechel da Silva | ||
Nacemento | 23 de agosto de 1989 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Alegrete | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Central | ||
Información de club | |||
Club actual | Betis | ||
Carreira xuvenil | |||
2003–2006 | Internacional | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2008 | Internacional | 25 | (1) |
2008–2016 | Benfica | 45 | (6) |
2011–2012 | → Beşiktaş (cedido) | 10 | (2) |
2012–2013 | Benfica B | 21 | (0) |
2013–2014 | → Espanyol (cedido) | 12 | (0) |
2014–2016 | → Deportivo (cedido) | 65 | (0) |
2016–2018 | Deportivo da Coruña | 50 | (2) |
2018– | Betis | 0 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de abril de 2018 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sidnei Rechel da Silva, nado en Alegrete (Río Grande do Sur) o 23 de agosto de 1989, é un futbolista brasileiro. Xoga de central e o seu equipo actual é o Real Betis Balompié da Liga Santander.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 1 de setembro de 2014 fíxose oficial a súa cesión o Deportivo da Coruña para a tempada 2014–15.[1] Nesa campaña participou en 32 partidos, dubutando como branquiazul na primeira xornada, nunha vitoria a domicilio contra o SD Eibar (0–1). O seu primeiro gol foi un tanto en propia meta, nunha derrota fronte o FC Barcelona en Riazor na xornada 19 (0–4).
O 22 de xullo de 2015 o Deportivo anunciou un novo acordo co Benfica para renovar un ano máis a cesión do xogador.[2]
O 21 de decembro de 2016 anunciouse a súa ampliación de contrato co Deportivo, renovando até 2020.[3]
O 2 de agosto de 2018, o Deportivo e o Real Betis Balompié chegaron a un traspaso para o traspaso de Sidnei tras catro tempadas no club coruñés.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sidnei nuevo jugador del Dépor"
- ↑ "El Dépor cierra la incorporación de Sidnei". Marca. 22 de xullo de 2015. (en castelán)
- ↑ "O Real Club Deportivo amplía o contrato de Sidnei ata 2020". Deportivo da Coruña. 21 de decembro de 2016.
- ↑ Acordo co Real Betis para o traspaso de Sidnei