Francisco Rico Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fran Rico»)
Fran Rico
Información persoal
Nome Francisco Manuel Rico Castro
Nacemento 19 de abril de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Portonovo
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1997–2001 Portonovo
2001–2005 Pontevedra
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2008 Pontevedra 60 (3)
2008–2011 Real Madrid B 50 (10)
2011–2019 Granada 111 (9)
2016–2018Eibar (cedido) 17 (2)
Selección nacional
2016– Galicia 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de xuño de 2019.
editar datos en Wikidata ]

Francisco Rico Castro, máis coñecido como Fran Rico, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 3 de agosto de 1987, é un futbolista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Portonovo SD, e chegou ó Pontevedra CF con quince anos. Na categoría xuvenil logrou o ascenso á División de Honra, onde quedaron segundos ó ano seguinte, só por detrás do Sporting de Xixón. Neses anos foi convocado para xogar en diferentes categorías da selección galega de fútbol.

Ó ano seguinte, na campaña 2005-06, fixo a pretemporada co primeiro equipo e foi habitual nos adestramentos do primeiro equipo ó longo da liga. Comezou actuando co equipo de División de Honra de xuvenís e entrando nalgunha convocatoria co primeiro equipo. Debutou en liga na segunda B o 18 de decembro de 2005 contra o San Isidro, gañando 1-4 e xogando os últimos 15 minutos. A comezos do 2006 asina un contrato ata o 2010 e recibe ficha no primeiro equipo. Malia que só xoga tres partidos nesa tempada, e sempre de suplente, chega a marcarlle o gol da vitoria ó Melilla CF. Non xogou na fase de ascenso a segunda división.

Na súa segunda tempada, a 2006-07, non contou coa confianza do adestrador, Alberto Argibay. Xogou como titular na Copa Xunta de Galicia, logrando dous goles ante o CD Ourense e o Celta de Vigo. Tamén foi titular na Copa RFEF, que o club acabou gañando. Pero coa chegada do adestrador Javi Gracia a metade de liga comezou a disputar partidos completos, converténdose na referencia do xogo ofensivo. Ó igual que na tempada anterior, logrou anotar un tanto.

No verán de 2008 fichou polo Real Madrid Castilla. Logo de tres tempadas no club, onde chegou a ser o capitán, no verán de 2011 fichou polo Granada CF de primeira división.

Selección galega[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1). [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016.