Idade da Pedra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Idades da prehistoria e a protohistoria
H
o
l
o
c
e
n
o
La Tène
Hallstatt
Idade do Ferro
Bronce final
Bronce medio
Bronce antigo
Idade do Bronce
Idade do Cobre / Calcolítico
Neolítico
Mesolítico / Epipaleolítico
P
l
e
i
s
t
o
c
e
n
o
Paleolítico Superior
Paleolítico Medio
Paleolítico Inferior
Paleolítico
Idade da Pedra
Harpóns e paus da Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período durante o cal os seres humanos crearon ferramentas de pedra debido á carencia dunha tecnoloxía máis avanzada. A madeira, os ósos e outros materiais tamén foron utilizados, mais a pedra (en particular o pedernal) foi utilizada para fabricar as ferramentas e armas de corte.

O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, disputado e variábel segundo a rexión en cuestión. Aínda que é posíbel falar dun período xeral de datas, denominado a Idade de Pedra para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía do metal fundido e polo tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra até que se encontraron con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral crese que este período comezou nalgunha parte do mundo hai 2 e 5 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana (ou pre-humana). Este período foi seguído pola Idade de Bronce, durante o cal, as ferramentas de bronce chegaron a ser comúns; esta transición ocorreu entre os 6000 e 2500 a.C.

Tradicionalmente vense dividindo esta Idade en:

Ferramentas persoais