Río Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Río Congo
Fleuve rdc.svg
Mapa do río Congo e afluentes principais
País Angola, Burundi, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Gabón, Congo, Ruanda, Tanzania, Zambia
Rexión n/d
Nacemento Kundelengu, sur de Shaba
Altitude n/d
Lonxitude 4.700 km
Caudal medio 41.800 m³/s
Conca 3.700.000 km²
Desembocadura Océano Atlántico

O río Congo (no pasado tamén coñecido como río Zaire) é o río máis grande da África occidental. Cos seus 4.380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4.000 illas.

O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Kongo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire.

O Congo en Maluku, preto de Kinshasha

As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como no lago Tanganyika e o Mweru.

A foz do Congo visitárona o portugués Diogo Cão en 1482 e no 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.

Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.

Afluentes [editar]

Mercado nas beiras do río en Kisangani

Dende a foz cara o nacemento

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: