Dolmen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Anta (homónimos).

Os dolmens ou antas son monumentos megalíticos tumulares colectivos (datados desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente). Están constituídos por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras ortósticas verticais que a sustentan.

Índice

[editar] Clasificación

Pedra da Arca

Dentro dos monumentos megalíticos é pertinente facer a distinción entre mámoas e dolmens:

  • Os dolmens ou antas serían a parte interna dos enterramentos, consistente nun grupo de pedras colocadas conformando unha especie de caseta. Estas pedras irían recubertas con terra e esta con pequenos croios.
  • A mámoa é ese túmulo de terra e croios que cobre o dolmen. Co paso do tempo, estas pedras iríanse cubrindo de terra e vexetación, camuflando o monumento dentro da paisaxe.

Estes monumentos foron frecuentemente espoliados e desprovistos da protección orixinal, xa que segundo as crenzas populares, os enterramentos neolíticos agachaban importantes riquezas no seu interior. Sirva como exemplo destas afirmacións a licenza que no século XVII lle concedeu a Coroa española ao Licenciado Vázquez de Orxas para escavar os monumentos megalíticos na busca de tesouros.

[editar] Etimoloxía

[editar] Etimoloxía de dolmen

Parece ser que Théophile Malo Corret de la Tour d'Auvergne foi quen "inventou" o termo «dolmen», sendo despois retomado por Pierre Jean-Baptiste Legrand d'Aussy (1737-1800), quen propón unha visión diferente da función do dolmen, interpretándoo xa non como unha mesa de sacrificio senón máis ben como sepultura.

O termo semellaría estar acuñado a partir das palabras bretoas t(d)aol, mesa e men, pedra. Non obstante, este nome non está rexistrado como bretón , sendo «Liah vaen» o nome bretón real para designar un dolmen. Por outra banda, certos dicionarios etimolóxicos asocian o termo co córnico «tolmen», que nomearía na súa orixe un círculo de pedras.

[editar] Palabras galegas tradicionalmente usadas co mesmo significado

Dolmen do Meixoeiro, Mos

Dentro das palabras patrimoniais galegas utilizadas para referirnos a estas estruturas atopámonos principalmente con anta, procedente do latín anta (término arquitectónico usado para referirse ao lintel duha porta). Segundo Luis Monteagudo, esta denominación utilizouse nun primeiro momento para referirse aos dolmens e logo para referirse a unha lousa de pedra en xeral. Da verba anta proceden algúns diminutivos como antela ou antiña.

Outra palabra usada para referirse a este tipo de monumentos é arca que, segundo Monteagudo, podería proceder de arceo (prohibir o paso) e que en primeiro lugar significou marco, límite. Tamén, segundo Monteagudo, podería vir directamente do latín arca no significado de caixa, furna, cofre. Algúns derivados de arca son arcal, arqueta ou arquiña.

Outras denominacións utilizadas para referirse a estas estruturas son casa, caseta, forno, forniño ou altar.

[editar] O dolmen no folclore

Nas crenzas populares bretoas, os dolmens ábrense durante a noite de Nadal para mostrar os tesouros dos que son gardiáns.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Arquitectura prehistórica de Galicia
Cronoloxía Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro
Megálitos
Tipos mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista
Elementos ortóstato | cono de violación
En Galicia cultura | imaxes
Petróglifos
En Galicia GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos
Castros
En Galicia cultura castrexa | cerámica castrexa
Castro de Armea | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas