Cloruro de sodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Propiedades

Sodium Chloride

Cristais de cloruro de sodio
Cristais de cloruro de sodio
Xerais
Nome Cloruro de sodio
Outros nomes Sal de mesa,
Sal común,
Halita
Fórmula química NaCl
Aparencia Sólido incoloro; aínda que parece branco se son cristais finos ou pulverizados.
Físicas
Masa molar 58,44 g/mol
Punto de fusión 1074 K (801 °C)
Punto de ebulición 1.738 K (1.465 °C)
Densidade 2,16 ×103 kg/m3 (2,16 g/cm3)
Cristalización Cúbica centrada nas caras (f.c.c.)
Solubilidade 35,9 g/100 mL
Kps 37,79 (mol/L)2
Compostos relacionados NaF, NaBr, NaI; LiCl, KCl, RbCl, CsCl, MgCl2, CaCl2
Termoquímica
ΔfH0gas -181,42 kJ/mol
ΔfH0líquido -385,92 kJ/mol
ΔfH0sólido -411,12 kJ/mol
S0gas 229,79 J/molK
S0líquido 95,06 J/molK
S0sólido 72,11 J/molK
Seguridade
Inxestión Perigoso en grandes cantidades.
Inhalación Pode causar irritación.
Pel Pode causar irritación.
Ollos Pode causar irritación.
Máis información Hazardous Chemical Database (en inglés)

(https://web.archive.org/web/20061109052600/http://ull.chemistry.uakron.edu/erd/chemicals/10/9909.html)

As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.

O cloruro de sodio, tamén coñecido como cloruro sódico, sal común, sal de mesa ou halita, de fórmula NaCl, é un composto iónico, formado por un catión Na+ (ión sodio) e un anión Cl- (ión cloruro). É o produto dunha reacción violenta na que un átomo de Na (metal reactivo) reacciona cun de Cl (un non metal).

2Na + Cl2 → 2NaCl

nota: precísanse dous átomos de Na, porque o Cl se atopa como molécula diatómica na natureza.

Na reacción, dous átomos de Na oxídanse cedendo cada un o seu único e- (electrón) de valencia ós átomos de Cl, isto represéntase como segue:

Fórmula redox de obtención do cloruro de sodio. Fórmula de Lewis de obtención do cloruro de sodio.

Tanto os ións Na+ como os ións Cl-, cumpren coa regra do octeto.

Estrutura cristalina[editar | editar a fonte]

Esquema da estrutura cristalina do cloruro de sodio.

O cloruro de sodio forma cristais con simetría cúbica. Os cloruros (ións máis grandes) forman un empaquetamento cúbico compacto, mentres que os ións máis pequenos de sodio enchen os espazos octaédricos entre os cloruros.

Cada ión está rodeado por seis ións do outro elemento, dise que presenta índice de coordinación 8. Esta estrutura é moi común noutros minerais, e chámaselle estrutura halita.

Usos[editar | editar a fonte]

  • Alimentación humana: o sal ten un papel moi importante na alimentación humana e tamén é empregada a grande escala na conservación de alimentos.
  • Industria química: fai posible a fabricación do vidro, xabón, plástico, papel, pinturas, cosméticos, medicamentos, pilas eléctricas, cloro, sosa, tratamento de augas, petroquímica.
  • A salmoira (disolución de sal común en auga) emprégase en instalacións frigoríficas, para transportar o frío dende o líquido -ou gas frigoríxeno- ata as cámaras de refrixeración; isto débese á baixa temperatura de conxelación da salmoira, o que lle permite transmitir o frío sen cristalizarse.
  • Conservación peleteira: despois de pesar as peles, efectúase a salgadura para conservalas (ó inhibir o desenvolvemento bacteriano) durante o transporte e almacenamento, mentres non se procede ó seu curtido.

O sal na alimentación[editar | editar a fonte]

O consumo de sal está relacionado co padecemento de hipertensión arterial e por tal motivo debe buscarse unha redución na inxesta: o 45% dos casos de infarto e o 50% dos casos de ictus están relacionados co consumo escesivo de sal. A Organización Mundial da Saúde recomenda un consumo máximo de 5 gramos de sal diarios, pero en España consómense 9,8 gramos diarios[1]

Cómpre ter en conta que só o 20% do sal consumido corresponde ó sal engadido na elaboración dos alimentos polo consumidor. O 80% restante é o denominado sal oculto, e procede do sal engadido pola industria alimentaria durante o procesado industrial, sal que o consumidor adoita non ter en conta. Moitos alimentos indican o contido en sal na etiquetaxe nutricional, unhas veces expresada directamente, en gramos por 100 gramos de alimento, e outras mediante a indicación do contido en sodio. Neste caso, hai que multiplicar a cifra por 2,5 para saber a cantidade de sal.

Disolucións acuosas[editar | editar a fonte]

Solubilidade do NaCl en varios disolventes
(g de NaCl/1 kg de disolvente a 25 °C)[2]
H2O 360
Formamida 94
Glicerina 83
Ácido fórmico 52
Amoníaco líquido 30,2
Metanol 14
Etanol 0,65
Dimetilformamida 0,4
Sulfolano 0,05
Acetonitrilo 0,003
Acetona 0,00042

Importancia biolóxica[editar | editar a fonte]

O sal é esencial para a vida na Terra. A meirande parte dos tecidos biolóxicos e fluídos corporais conteñen variadas concentracións de cloruro de sodio. A cantidade de ións de sodio no sangue está directamente relacionada coa regulación dos niveis de fluídos corporais. A propagación dos impulsos nerviosos está mediada por estes ións.

A chamada solución fisiolóxica, solución de cloruro de sodio ó 0,9%, recibe o seu nome porque é isotónica co plasma sanguíneo. Esta solución fisiolóxica é o sostén principal de terapias médicas de substitución de fluídos, para combater a deshidratación ou para previr shocks hipovolémicos (baixo volume sanguíneo).

Os humanos presentan a particularidade entre os primates de eliminar grandes cantidades de sal cando súan.

O sal na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Verte-lo sal sobre a mesa adoita considerarse agoiro de mala sorte, vella crenza que semella ser universal. Crese incluso que anuncia unha desgraza maior, mesmo a morte. Mariño Ferro afirma que no cadro A derradeira cea, de Leonardo da Vinci, pode observarse un saleiro envorcado na mesa, anunciando a inminente morte de Xesús.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]