Portal:Historia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Green open book.png Portal da Historia Green open book.png
Este portal reúne os artigos de temática histórica disponíbeis na Galipedia, a Wikipedia en galego. Permite acceder de maneira doada a toda esta información ao tempo que aúna os esforzos dos colaboradores que pretenden mellorar os artigos relacionados con esta área de coñecemento. Actualmente xa temos máis de 30.000 artigos relacionados coa Historia.


editar

Comunistas da Liga Espartaquista loitando nas rúas alemás.
A revolución de novembro de 1918, foi un conflito civil de carácter político acaecido en Alemaña a finais da Primeira Guerra Mundial. Provocou o paso dunha monarquía no Imperio Alemán a unha república pluralista, parlamentaria e democrática.

A revolución comezou como un alzamento de mariños en Kiel; en poucos días abarcou toda Alemaña e forzou a abdicación do Káiser Guillerme II o 9 de novembro de 1918. Os obxectivos de avanzada dos revolucionarios, guiados por ideais socialistas, fracasaron en xaneiro de 1919 ante a oposición dos líderes do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). Estes temían un “caos revolucionario” e posteriormente esforzáronse en reconciliar aos partidos burgueses e a elite afín ao Káiser fronte ás novas relacións do poder. Adicionalmente acordaron unha alianza co Supremo Comando Militar alemán e permitiron a sufocación violenta do chamado Levantamento Espartaquista (Spartakusaufstand).

O desenlace formal da revolución ocorreu o 11 de agosto de 1919 coa sinatura da nova Constitución da República de Weimar.

editar

Manuel Murguía.
Manuel Murguía foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. Naceu o 17 de maio de 1833 no lugar do Froxel, en San Tirso de Oseiro, fillo de dona Concepción Murguía e don Juan Martínez, que era farmacéutico na Coruña. Este estableceuse pouco despois en Santiago de Compostela e foi en Compostela onde o neno Manuel Murguía presenciou os sucesos do 23 de abril de 1846, que relatou máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento.

Historia por rexión xeográfica
Galiza · España · Europa · América · África · Asia · Antártida · Oceanía

Civilizacións e pobos antigos
Asiria · Babilonia · Antigo Exipto · Fenicia · Hititas · Persia
Grecia antiga · Roma antiga · Imperio Bizantino
Aztecas · Incas · Maias

Historia por períodos
Prehistoria · Idade Antiga · Idade Media · Idade Moderna · Idade Contemporánea

Historia económica
Feudalismo · Capitalismo · Socialismo · Comunismo

Historia militar
Batallas · Guerras · Militares

Historiografía
Historiografía · Efemérides

Historias específicas
da Terra · da arte · da ciencia · do cristianismo · da escravitude · do galego

Ciencias auxiliares
Arqueoloxía · Xenealoxía · Heráldica · Numismática · Vexiloloxía


Artigos con problemas
Marcados como que teñen problemas

Artigos a expandir
Demasiado breves: temática xeral, biografías, biografías de personalidades galegas ou efemérides.

Artigos solicitados