Biface

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biface - Venerque - France

En arqueoloxía un biface é unha ferramenta lítica prehistórica, a pedra entallábase xeralmente polos dous lados de forma simétrica, polo común coa zona de remate en punta e a base arrondeada porén hainos tamén con outras formas, o seu tamaño medio oscila entre os 8 e os 15 cm. Apareceu hai 1.6 millóns de anos en África con probabilidade elaborados pola especie Homo ergaster. Os bifaces caracterizan o período achelense pero tamén están presentes no Paleolítico Medio e posteriormente.