Prea
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A prea [1] é carne corrompida, a carne de animais mortos que serve de alimento a certos animais carroñeiros que se alimentan de cadáveres.
A carne comeza a súa descomposición dende o intre no que morre o animal, atraendo aos insectos e sofrindo a proliferación de bacterias. Pouco despois da morte do animal, o corpo emite un cheiro apestoso causado pola presenza das bacterias e dúas substancias chamadas cadaverina e putrescina, ademais doutros compostos intermedios como a mortina, a putrefactina e a necroctina.
Notas [editar]
- ↑ Nos dicionarios clásicos aparece recollida tamén a forma carniza, non aceptada no VOLGa.