Casablanca

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Casablanca é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3.111.977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 km ao suroeste de Rabat.

Fundada no medievo co nome de Anfa, non adquire relevancia ata despois da súa refundación tralo terremoto de 1755 polo sultán Sidi Muhammed a finais do século XVIII. Todo o seu enorme crecemento tivo lugar no século XX coa ocupación francesa a partir do 1907, e o seu destacado papel na Segunda Guerra Mundial celebremente retratado para a posterioridade no filme de título homónimo.

Ferramentas persoais