Deserto do Sáhara
O Deserto do Sáhara é o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártica), localizado no Norte de África, cunha área total de 9,065,000 km2, sendo apenas un pouco menor que a Europa (10,400,000 km2).
Tal deserto considérase unha ecorrexión. O nome Sáhara é unha transliteración do árabe صحراء, (Sahhra) que á súa vez é a tradución da palabra tuareg teneriwe (' os desertos', de onde lle vén o nome ó deserto do Teneré). Viven preto de 2,5 millóns de persoas na área do Sáhara, distribuídas pola Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Alxeria, Tunisia, Sudán e Chad.
As fronteiras do Sáhara son: o Océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o Mar Mediterráneo ao norte, o Mar Vermello ao leste e o val do Río Níxer ao sur.
O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana . A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel encontrase a rexión chamada o Sudán.
Os seres humanos viviron na extremidade do deserto durante case 500.000 anos. Durante a última Idade do Xeo, o deserto do Sáhara foi (como o Leste africano en xeral) máis húmido do que é agora. Fósiles de dinosauros foron encontrados alí. O Sáhara moderno, xeralmente, está exento de vexetación excepto no val do Nilo, nun poucos oasis e nalgunhas montañas dispersas.
Índice |
Límites xeográficos [editar]
Criterios botánicos [editar]
por Capot-Rey (1953)
- ao Norte: O límite de maduración das palmeiras datileiras.
- ao Sur: Límite sur do had (Cornucala monacantha), especie pertencente ás Chenopodiaceae ou límite norte do cram-cram (Cencrus biflorus), unha poácea do Sahel.
Criterios climáticos [editar]
- ao Norte: a isohieta dos 100 mm.
- ao Sur: Un límite máis difuso que se pode basear na isohieta dos 150 mm sabendo que as chuvias varían moito dun ano a outro.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]