Paleolítico inferior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade do Ferro
  Bronce Final  
  Bronce Medio
  Bronce Antigo
Idade do Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico Superior  
    Paleolítico Medio
    Paleolítico Inferior
  Paleolítico
Idade da Pedra

O Paleolítico Inferior é un período do Paleolítico que durou aproximadamente desde hai 2,5 millóns de anos, coincidindo coa aparición das primeiras ferramentas creadas por homínidos, até hai 120.000 anos.

Hai 3 millóns de anos o clima foi moito máis húmido que o actual, producíndose secas de duración variable. Durante estes períodos húmidos, a fauna era moi abundante, e é nesa época cando apareceron os primeiros grupos humanos, co Australopithecus e o Homo habilis.

Os datos de hábitat e modos de vida de Australopithecus son imprecisos, aínda que cabe supor que se desenvolvería a súa existencia nas beiras dos lagos, onde tiñan mellor asegurada a súa subsistencia.

Con respecto a Homo habilis, podemos diferenciar tres tipos de hábitat:

  • Zonas situadas a beiras dos ríos
  • Estacións de habitación (campamentos estacionais)
  • Xacementos de despezamento

Aparecen xunto a Homo habilis as primeiras estruturas habitables, compostas por unha acumulación circular de pedras, sobre as que posiblemente se situarían unhas ramas.

O modo de subsistencia de Homo habilis era unha dieta a base de tubérculos, raíces e bayas.

Distínguense os seguintes grupos de cultura:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]