Homo habilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo habilis
Rango fósil: Plistoceno
Reconstrución da cabeza
Reconstrución da cabeza

Caveiras de Homo habilis
Caveiras de Homo habilis

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: 'Homo'
Especie: ''H. habilis''
Nome binomial
Homo habilis''
Leakey et al., 1964

Homo habilis é unha especie do xénero Homo, que viviu aproximadamente entre hai 2 e 1,5 millóns de anos, no comezo do Plistoceno. Descubriuno o equipo de Louis e Mary Leakey o 4 de novembro de 1960 (fósil OH 7) na Garganta de Olduvai, en Tanzania. O nome suxeriuno Raymond Dart e finalmente estableceuse en 1964. Ademais de Olduvai atopáronse fósiles en cantidade en Koobi Fora e en moita menor medida no val do río Omo.

Aparentemente, foi a primeira especie do xénero Homo en aparecer, e é a menos semellante á especie humana actual. Tiña pequena estatura (1,3 m), as pernas curtas e uns brazos desproporcionadamente grandes comparado co Homo sapiens; o seu cerebro era a metade do do Homo actual, entre 600 e 700 cm³. Pénsase que descendía dunha das especies de Australopithecus.

O Homo habilis compartiu a terra con outros bípedes, como o Paranthropus boisei. Malia iso, o H. habilis, coas súas anovacións nas ferramentas e a súa dieta menos especializada, tivo éxito en dar lugar a novas especies, mentres os Paranthropus desapareceron.

A grande innovación do Homo habilis foi a utilización de ferramentas de pedra lascada, o que lle deu primacía sobre os primates. Utilizábanas sobre todo para escarvar, non aínda para cazar como farían os seus descendentes, dedicándose tamén á busca de presas, e hai pouca evidencia que controlasen o lume ou empregasen a linguaxe articulada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Homo habilis Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens