Amilladoiro (túmulo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un amilladoiro ou milladoiro é unha morea de pequenas pedras que xorde ao se iren amontoando a través do tempo, por mor do costume de romeiros e peregrinos de deixaren cadansúa pedra ao se dirixir a algún santuario relixioso.

Posíbeis orixes e continuidade na actualidade[editar | editar a fonte]

A crenza popular vencella o levantamento destes amilladoiros co día do Xuízo Final. Na pasaxe bíblica sinálase que cando chegar o día do xuízo final as pedras falarán e darán trestemuño do cumprimento na peregrinación, por iso o peregrino leva e deposita as pedras. Tamén se vencella as pedras a un posible simbolismo das almas que están no purgatorio por non realizar un ofrecemento realizado en vida. Ou mesmo a unha orixe baseada en rituais funerarios prehistóricos para manter a ligazón entre o finado e a comunidade. Este costume podería estar aínda vixente no rito informal de deitar unha presa de terra sobre o cadaleito antes de tapalo.

Costumes análogos[editar | editar a fonte]

En Mongolia existe o costume do овоо ("ovoo")[1], unha morea de pedras e obxectos varios que se xuntan nun paso de montaña, nunha encrucillada etc. E chámase овоо тахих ("ovoo takhikh") a deixar unha ofrenda na honra dos espíritos do "ovoo".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 17 de decembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]