Malaquita
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Malaquita | |
|---|---|
| Malaquita asociada a crisocola | |
| Fórmula química: | Cu2CO3(OH)2 |
| Clase: | Carbonatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Monoclínico |
| Cor: | Verde |
| Brillo: | Vítreo |
| Dureza: | 3,5-4 |
| Fractura: | Concoidea ou irregular |
| Exfoliación: | Perfecta |
| Raia: | Verde escura |
| Densidade: | 3,6-4 g/cm3 |
A malaquita (do latín malachites, en referencia a súa cor) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu2CO3(OH)2 e que contén un 57% de cobre.
Índice |
Aspecto [editar]
A malaquita presenta unha cor verdosa alternando as cores verde claro e escuro, asemellándose en moitas ocasións ós aneis das árbores.
Lugares onde se atopa [editar]
A malaquita é un mineral típico das zonas de oxidación. Aparece con frecuencia en asociación coa azurita e coa limonita.
Usos da malaquita [editar]
Noutrora era usada como colorante, pero hoxe en día está máis ben destinada a ser utilizada como pedra semipreciosa.
Propiedades [editar]
É efervescente ó ácido clorhídrico diluído
Outros carbonatos [editar]
A calcita e a aragonita son outros carbonatos a ter en conta.