Simbiose
En Bioloxía e Ecoloxía, enténdese por simbiose unha relación interespecífica entre dous organismos (simbiontes) que se benefician mutuamente nunha relación obrigada. Se un dos simbiontes perece, o outro tamén perecerá ao perder o recurso de que se ve beneficiado.
Un exemplo de simbiose é a que se produce entre a anemone de mar e o caranguexo ermitán. O caranguexo sérvelle de transporte á anemone, e esta protéxeo cos seus tentáculos velenosos.
Índice |
Tipos de simbiose [editar]
Ectosimbiose [editar]
Na ectosimbiose, o simbionte vive na parte exterior do organismo anfitrión, ou mesmo no interior, na superficie do recorrido dixestivo ou o conduto das glándulas exocrinas.
Endosimbiose [editar]
Na endosimbiose, o simbionte vive no espazo intracelular do anfitrión.
Simbiose e Evolución [editar]
A bióloga Lynn Margulis, famosa polo seu traballo sobre endosimbiose, afirma que a simbiose é o principal resultado forzado pola Evolución. Considera que as ideas de Darwin sobre a Evolución, baseadas na competencia, están incompletas, e reivindica que a Evolución está fortemente baseada na cooperación, interacción e dependencia mutua entre organismos. Segundo escribiu en Margulis, L., and Sagan, D., "A vida non se fixo co planeta por combater, senón por traballar unidos".
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Margulis, L., and Sagan, D. (1986). Origins of sex : three billion years of genetic recombination. Yale University Press, New Haven and London.