Homo ergaster
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Homo ergaster | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Homo ergaster | ||||||||||||
O Homo ergaster foi unha especie homínida que viviu no leste e sur de África cun rango cronolóxico que se estendeu entre hai 1,9 e 1,4 millóns de anos.
A talla e as proporcións do homo ergaster son máis semellantes ás do homo sapiens ca ás dos austrolopitecos e primeiras especies do xénero Homo, chegando a alturas de 1,85 ou 1,9 m e unha capacidade cranial de entre 700 e 850cc.
O exemplar máis completo podería ser o coñecido como Neno de Turkana pero hai moita discusión sobre se é homo ergaster ou homo erectus.
Os primeiros bifaces aparecen asociados aos Homo ergaster, habitante de espazos abertos das sabanas, comía regularmente carne de animais que obtiña por medio da caza ou da actividade preeira.