Mandioca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mandioca
Manihot esculenta
Manihot esculenta
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Euphorbiaceae
Subfamilia: Crotonoideae
Tribo: Manihoteae
Xénero: Manihot
Especie: 'M. esculenta'
Nome binomial
''Manihot esculenta''
Crantz
Manihot esculenta

A mandioca[1] (Manihot esculenta), ás veces tamén chamada de iuca (cómpre non confundir co xénero Yucca sp), é unha planta euforbiácea (da familia Euphorbiaceae) tropical, arbustiva ou arbórea, de até 3 m de altura, raíces tuberosas, follas grandes moi divididas, flores amarelas en acio e froito en cápsula alada.

A raíz posúe unha fécula alimentaria, velenosa acabada de extraer, mais comestíbel a xeito de tapioca, obtida despois de someter a fécula verde a unha lixeira cocedura[2]. A tapioca é un alimento rico en glícidos como o amidón[3].

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto perennifolio, monoico, con raíces tuberosas engrosadas, fusiformes e fibrosas. As follas son alternas, palmadas e estipuladas.

Usos[editar | editar a fonte]

Cultívase coma alimento básico en moitos países tropicais. A mandioca é a terceira fonte de glícidos da humanidade.[4][5] A mandioca clasifícase como "doce" ou "amarga" dependendo do nivel da substancia tóxica (glicósidos cianoxénicos) que contén. Unha preparación pouco coidadosa da mandioca causa unha doenza chamada konzo. No entanto os agricultores prefiren cultivar variedades "amargas" xa que son máis resistentes ás pragas.[6]

Raíz de mandioca sen procesar

A raizame da mandioca ten de 5 a 10 cm de diámetro e chega até os 50 a 80 cm de longo. O interior da raíz pode ser branco ou amarelento. É rica en amidón, calcio , fósforo e vitamina C (25 mg/100 g) porén pobre en proteínas e outros nutrientes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999
  2. Nome e definición en Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  3. Euphorbiaceae Juss.
  4. Phillips, T. P. (1983). An overview of cassava consumption and production. In Cassava Toxicity and Thyroid; Proceedings of a Workshop, Ottawa, 1982 (International Development Research Centre Monograph 207e). pp. 83-88 [F. Delange and R. Ahluwalia. editors]. Ottawa. Canada: International Development Research Centre.
  5. Claude Fauquet and Denis Fargette, (1990) "African Cassava Mosaic Virus: Etiology, Epidemiology, and Control" Plant Disease Vol. 74(6): 404-11.
  6. Linley Chiwona-Karltun, Chrissie Katundu, James Ngoma, Felistus Chipungu, Jonathan Mkumbira, Sidney Simukoko, Janice Jiggins (2002) Bitter cassava and women: an intriguing response to food security LEISA Magazine, volume 18 Issue 4. Online version accessed on 2009-08-11.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mandioca


Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mandioca
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mandioca