Marisqueo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariscando no Grove
Home mariscando na ría da Coruña

O marisqueo é unha actividade de recolección de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar.O marisqueo defínese legalmente como unha "modalidade específica de pesca, consistente na actividade dirixida á captura de mariscos".

Marisqueo artesanal[editar | editar a fonte]

A forma máis sinxela e artesanal de mariscar, é a que se centra en capturar moluscos na costa areosa, e faise a pé, sen utilizar embarcación. As especies principais que capturan os mariscadores a pé son a ameixa fina, a ameixa babosa e o berberecho.

O outro método tradicional de marisqueo é desde unha embarcación.

O marisqueo en Galicia[editar | editar a fonte]

O mar é a segunda fonte de ingresos da nosa costa, despois do turismo, aínda que a maior parte do turismo ven polos nosos alimentos coma as centolas, os percebes, os rodaballos e o polbo.