Mesolítico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade do Ferro
  Bronce Final  
  Bronce Medio
  Bronce Antigo
Idade do Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico Superior  
    Paleolítico Medio
    Paleolítico Inferior
  Paleolítico
Idade da Pedra

O Mesolítico (pedra intermedia) é un período da prehistoria situado entre o Paleolítico e o Neolítico, e presente (ou polo menos, con duración razoábel) apenas nalgunhas rexións do mundo onde non houbo transición directa entre os dous períodos citados. As rexións que sufriran maiores efectos das glaciacións tiveren Mesolíticos máis evidentes.

Iniciouse co fin do Plistoceno, a preto de 10 mil anos atrás, e se encerrou coa introdución da agricultura, en épocas que varían de acordo coa rexión.

Culturas mesolíticas[editar | editar a fonte]

Culturas mesolíticas son as que xorden na transición entre as que aínda representan unha economía de produción. Un fenómeno que aparece con carácter xeral nas culturas mesolíticas é a tendencia para as formas microlíticas e xeométricas na industria lítica e a desaparición gradual da industria ósea. Estas culturas non xorden en todo o lado ao mesmo tempo nin teñen idéntica duración. Na Europa continental e nórdica o desenvolvemento das culturas mesolíticas procede da degradación gradual da cultura magdalenense do Paleolítico final, á medida que as novas condicións climáticas orixinaban unha diminución e transformación da fauna ao ritmo da diminución progresiva do glaciar escandinavo. As culturas mesolíticas do norte da Europa son en grande parte tributarias da anterior tradición magdalenense.

Entierro de Theviec - Museo de Toulouse[editar | editar a fonte]

En Francia, o proceso de degradación do Paleolítico dá lugar á aparición da cultura acilense na zona pirenaica, con extensión pola zona cantábrica da Península Ibérica, cultura de transición sen grandes novidades e que continúa as antigas técnicas paleolíticas. Porén, en Francia pódense atopar vestixios da cultura tardenoisense (nome derivado de Tardenois, onde se sitúa o xacido de Fère), característica dos terreos baixos e zonas de dunas. No Mesolítico grande importancia adquiren os concheiros portugueses das marxes do Texo, onde está asente unha poboación que vai evolucionando lentamente e na cal aparecen xa moitos elementos raciais mistos. Os principais xacidos son Cabezo da Amoreira, Cova da Onza e Fonte do Padre Pedro. A este ciclo cultural pertencen tamén as oficinas de traballo manual de sílex, ao ar libre, que existen na rexión tarraconense.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]