África Austral
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coñécese como África Austral ou África subsahariana, á parte sur do continente africano. Comprende o conxunto de territorios situados ao sur do Sahara. Normalmente considérase que forman parte desta magna rexión africana os seguintes territorios e estados:
- Angola
- Botsuana
- Comores
- Lesoto
- Madagascar
- Malawi
- Mauricio
- Mayotte (dependencia francesa)
- Mozambique
- Namibia
- Reunión (dependencia francesa)
- Santa Helena (dependencia británica)
- Sudáfrica
- Suacilandia
- Zambia
- Zimbabue
En algúns lados tamén se inclúen as Seychelles e o Territorio Británico no Océano Índico, e en outros exclúense os estados insulares das Comores, Madagascar e Mauricio e as dependencias francesas de Mayotte e a Reunión, considerándoas partes da África Oriental.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
